Oso panda
especie de mamífero From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O oso panda[2] ou panda xigante (Ailuropoda melanoleuca) é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros e, malia que hai unha salientable controversia ó respecto, os últimos estudos do seu ADN inclúeno entre os membros dos osos, sendo o Tremarctos ornatus suramericano o seu parente máis achegado. Por outra banda cabe dicir que o chamado panda menor ou panda vermello e o panda xigante non pertencen á mesma familia.
Natural da China central, o panda xigante vive en rexións montañosas das provincias de Sichuan e o Tíbet, ata unha altitude de 3.500 metros. Trátase dun animal en perigo de extinción. Segundo estatísticas de 2004 e 2005, hai uns 1.600 vivindo nas selvas e 188 en catividade, e estímase que a cantidade de individuos que viven en liberdade está en aumento.
O principal alimento do panda xigante é o bambú (un 99% da súa dieta), malia que tamén come froita, pequenos mamíferos, peixes e insectos. É un bo trepador, pero é raro velos subidos nas árbores. A súa adaptación á catividade é doada.
Remove ads
Unha clasificación controvertida
Houbo numerosos debates sobre a posición filoxenética dos pandas (o maior e o menor) e os mapaches, desde situalos a todos na familia dos prociónidos, até situar o xénero Ailuropoda nunha familia propia, a dos ailuropódidos.[3] Porén, recentes análises xenéticas mostran que o panda xigante é un parente moi próximo dos osos, polo que a maioría dos autores o sitúan dentro da familia dos úrsidos como único representante actual da subfamilia dos ailuropodinos,[4] mentres que a clasificación do panda menor (Ailurus fulgens) aínda se discute.
A situación taxonómica do oso panda a finais de 2021
Catro das máis serias bases de datos ás que temos acceso por Internet, MSW, GBIF, ITIS e BioLib, coinciden en que Ailuropoda melanoleuca é un úrsido e, dúas delas, confirma que, detro dela, a especie constitúe unha subfamila propia. Daquela, podemos formar este pequeno Taxobox:
- Subfamilias Fischer, 1817
- Ailuropodinae Grevé, 1894
- Xénero
- Ailuropoda Milne-Edwards, 1870
- Especie
- Ailuropoda melanoleuca (David, 1869)
- Subespecies
- A. m. melanoleuca (David, 1869)
- A. m. qinlingensis Wan, Wu & Fang, 2005
- Subespecies
- Ailuropoda melanoleuca (David, 1869)
- Especie
- Ailuropoda Milne-Edwards, 1870
- Xénero
- Tremarctinae
- Ursinae
- Ailuropodinae Grevé, 1894
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads