PHP
inguaxe de programación de computadores interpretada From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
PHP era orixinalmente o acrónimo de "Personal Home Pages" ("Páxina web persoal") e posteriormente o acrónimo recursivo de "PHP Hypertext Preprocesor" (Pre-procesador de Hipertexto PHP). PHP é unha linguaxe de programación de computadores interpretada, libre e moi utilizada para xerar contido dinámico na Web.
A linguaxe apareceu no ano 1994, como un subconxunto de scripts en Perl creados por Rasmus Lerdof. Coas adicións de Zeev Suraski e Andi Gutmans, dous programadores israelitas pertencentes ao Technion, o instituto israelita de tecnoloxía, que reescribiron o parser, foi lanzada en 1997 como PHP 3, primeira versión estábel e parecida á linguaxe actual. En maio de 2000 fíxose pública a versión 4, e en xullo de 2004, a versión 5.
Remove ads
Características
Trátase dunha linguaxe extremamente modularizada, o que a fai ideal para a súa instalación e uso en servidores web. É moi parecida, en tipos de dados, sintaxe e mesmo funcións, á linguaxe C. e á C++. (A partir da versión 5, inclusive, PHP conta cun suporte maior á orientación a obxectos.) Pode ser, dependendo da configuración do servidor, embutida no código HTML. Ademais diso, destácase a extrema facilidade con que PHP é lida por servidores de base de datos, como MySQL, Microsoft SQL Server e Oracle.
Existen versións do PHP dispoñíbeis para ambientes Windows e Linux. A Wikipedia funciona sobre un software enteiramente escrito en PHP, usando bases de datos MySQL ou MediaWiki.
Construír unha páxina dinámica baseada en bases de dados é sinxelo con PHP, xa que este fornece soporte a un gran número de bases de datos: Oracle, Sybase, PostgreSQL, InterBase, MySQL, SQLite, MSQL etc, podendo abstraer o Banco coa biblioteca ADOdb, entre outras.
PHP dá soporte aos protocolos IMAP, SNMP, NNTP, POP3, HTTP, LDAP, XML-RPC, SOAP. É posíbel abrir sockets e interactuar con outros protocolos, e as bibliotecas de terceiros expanden aínda máis estas funcionalidades.
É moi frecuente a creación de sitios web utilizando o sistema operativo Linux, o servidor web Apache, a base de datos MySQL e a linguaxe de guións PHP, nunha combinación coñecida polo acrónimo LAMP. Se en vez de Linux se emprega Windows, fálase de WAMP.
Remove ads
Historia
Foi orixinalmente deseñado en Perl, coa base na escritura dun grupo de CGI binarios escritos na linguaxe C polo programador danés-canadense Rasmus Lerdorf no ano 1994 para mostrar o seu currículum vítae e gardar certos datos, coma a cantidade de tráfico que a súa páxina web recibía. O 8 de xuño do 1995 foi publicado "Personal Home Page Tools" despois de que Lerdorf o combinara co seu propio Form Interpreter para crear PHP/FI.
Dous programadores israelís do Technion, Zeev Suraski e Andi Gutmans, reescribiron o analizador sintáctico (parser en inglés) no ano 1997 e crearon a base do PHP3, cambiando o nome da linguaxe á forma actual. Inmediatamente comezaron experimentacións públicas de PHP3 e foi publicado oficialmente en xuño de 1998.
Para 1999, Suraski e Gutmans reescribiron o código de PHP, producindo o que hoxe se coñece como motor Zend. Tamén fundaron Zend Technologies en Ramat Gan, Israel.
En maio de 2000 PHP 4 foi lanzado baixo o poder do motor Zend Engine 1.0. O día 13 de xuño de 2007 anunciouse a suspensión do soporte e desenvolvemento da versión 4 de PHP,[1] a pesar do anunciado liberouse unha nova versión con melloras de seguridade, a 4.4.8 publicada o 13 de xaneiro do 2008 e posteriormente a versión 4.4.9 publicada o 7 de agosto do 2008.[2] Segundo esta nova darase soporte a fallos críticos ata o 9 de agosto de 2008.
O 13 de xuño de 2004, foi lanzado PHP 5, utilizando o motor Zend Engine 2.0 (o Zend Engine 2). Inclúe todas as vantaxes de que prové o novo Zend Engine 2, como:
- Mellor soporte para a programación orientada a obxectos, que en versións anteriores era extremadamente rudimentario.
- Melloras de rendemento.
- Mellor soporte para MySQL con extensión completamente reescrita.
- Mellor soporte a XML (XPath, DOM etc.).
- Soporte nativo para SQLite.
- Soporte integrado para SOAP.
- Iteradores de datos.
- Manexo de excecións.
- Melloras coa posta en funcionamento de Oracle.
Historial de lanzamento
Remove ads
Exemplos de código
As liñas de código php deben ir precedidas de <?php e finalizadas con ?>.
- info.php (mostra as características e variábeis do sistema no que está a funcionar).
<?php
phpinfo();
?>
- data.php (imprime a data no formato día/mes/ano)
<?php
echo date('d/m/Y');
?>
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads