Partido Social Demócrata (Portugal)
partido político de Portugal From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Partido Social Demócrata (PSD) é un partido liberal-conservador en Portugal.
Remove ads
Historia
Fundación
O PSD foi fundado en 1974, dúas semanas após a Revolução dos Cravos, e en 1976 adoptou o seu nome actual.
Posicións políticas
En 1979, o PSD aliouse con partidos de centro-dereita para formar a Alianza Democrática e gañou as eleccións dese ano. Despois das eleccións xerais de 1983, o partido formou unha gran coalición co Partido Socialista, coñecida como o Bloco Central. Isto foi antes de gañar as eleccións xerais de 1985 co novo líder Aníbal Cavaco Silva, que desprazou o partido cara á dereita. É membro do Partido Popular Europeo.[1]
Liderado
Cavaco Silva serviu como Primeiro Ministro durante dez anos, instituíndo liberalizacións económicas e gañando dúas maiorías amplas. Tras a súa renuncia, o PSD perdeu as eleccións de 1995. O partido volveu ao poder con José Manuel Durão Barroso en 2002, pero foi derrotado nas eleccións de 2005. O partido volveu ao poder despois das eleccións de 2011 e, catro anos despois, conseguiu 107 escanos na Asemblea da República en alianza co CDS – Partido Popular, pero sen poder formar un goberno minoritario. O líder do partido Rui Rio, autodenominado "centrista", foi elixido o 13 de xaneiro de 2018 e, após a súa dimisión, substituído por Luís Montenegro en 2022, quen se converteu en Primeiro ministro de Portugal en 2024.[2]
Remove ads
Hoxe
Orixinalmente un partido de socialdemocracia, o PSD converteuse no principal partido de centro-dereita e conservador en Portugal.[3] O PSD é membro do Partido Popular Europeo e da Centrist Democrat International. Até o 1996, o PSD pertencía ao Partido Liberal Demócrata Europeo e á Internacional Liberal.[3] O partido publica o xornal semanal Povo Livre.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads