Paradela
concello da comarca de Sarria, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Paradela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria, que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o INE a súa poboación no 2017 era de 1.851 habitantes (2.307 no 2006, 2.367 no 2005, 2.408 no 2004, 2.463 no 2003) e 1.723 no 2021. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «paradelense».
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Paradela.
Remove ads
Demografía
| Censo Total | 1.851 (2017) |
| Menores de 15 anos | 97 (5.24 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 1.027 (55.48 %) |
| Maiores de 65 anos | 727 (39.28 %) |

Xeografía
Paradela sitúase no suroeste da provincia de Lugo, entre o val do río Miño e a depresión de Sarria. Limita ao norte co Páramo, ao sur con Bóveda e O Saviñao, ao leste con Sarria e O Incio, e ao oeste con Taboada e Portomarín. Ten uns 121,12 km²,[1] repartidos en 18 parroquias.
Polo oeste pasa o río Miño, e atravesando a parte norte está o río Loio. O punto máis alto é Pena Ventureira (838 m), sendo a altitude media do concello de 600 m.
Remove ads
Heráldica
O concello de Paradela aprobou o 16 de abril de 1986 o proxecto de Estudo Heráldico e Estandarte para o Concello redactado por Vicente Cárdenas y Vicent, sendo aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia o 16 de outubro do mesmo ano.
No escudo aparece a mitra, representando o mosteiro de Santa María de Loio, que aparece nomeado na Bula aprobatoria da Constitución canónica da Orde de Santiago, expedida polo Papa Alexandre III.
A campá representa a de San Miguel, á que sempre se lle atribuíu unha axuda milagreira nos partos dificultosos.
A grande Cruz de Santiago, no centro, lembra o paso do camiño francés a Santiago de Compostela polo concello, onde houbo importantes hospitais de peregrinos, así como unhas das primeiras posesións e casas matrices da Orde.
Os dous castiñeiros representan a destacada riqueza forestal de Paradela.
Patrimonio
No concello sitúanse o mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño (século XIII), o mosteiro de Santa María de Castro de Rei e o mosteiro de Santa María de Loio.
Toponimia
Segundo Nicandro Ares Paradela é o nome do concello e de catro parroquias, mais non de ningún lugar. É un diminutivo de parada (latín parata) nun camiño,[2] como o Camiño de Santiago.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Paradela.
- Centro Socio Cultural Manuel Rodríguez López.
- Igrexa de Santa María de Ferreiros.
- Casa do concello.
- Placa altimétrica do concello.
Lugares de Paradela
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Paradela vexa: Lugares de Paradela.
Parroquias
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

