Paralichthys
xénero de peixes teleósteos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Paralichthys é unha xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, o xénero tipo da familia dos paralictíidos.[1]
O xénero comprende de 15 a 20 especies, segundo os autores, propias das costas atlánticas e pacíficas do continente americano e das asiáticas do Pacífico centrooriental,[2] moitas delas de interese pesqueiro.
Remove ads
Taxonomía
O xénero foi descrito en 1858 polo zoólogo estadounidense de orixe francesa Charles Frédéric Girard.[1]
Etimoloxía
Paralichthys está formado polo elemento do latín científico paral-, derivado do termo do grego antigo παράλιος parálios, que significa "situado canda o mar", "costeiro" (como adxectivo), e "costa", "ribeira" (como substantivo), e o termo grego ἰχθύς ichthýs, "peixe". Literlamente: "os peixes que viven na beira do mar".



Especies
Na actuadlidade, no xénero recoñécense as seguintes especies:[1][3]
- Paralichthys adspersus (Steindachner, 1867)
- Paralichthys aestuarius C. H. Gilbert & Scofield, 1898
- Paralichthys albigutta D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1882
- Paralichthys brasiliensis (Ranzani, 1842)
- Paralichthys californicus (Ayres, 1859)
- Paralichthys delfini Pequeño & Plaza, 1987
- Paralichthys dentatus (Linnaeus, 1766) - Rapante de verán.[4]
- Paralichthys fernandezianus Steindachner, 1903
- Paralichthys isosceles D. S. Jordan, 1891
- Paralichthys lethostigma D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1884
- Paralichthys microps (Günther, 1881)
- Paralichthys oblongus (Mitchill, 1815) - rapante de catro ollos.[4][5]
- Paralichthys olivaceus (Temminck & Schlegel, 1846) - Rapante xaponés.[4]
- Paralichthys microps (Günther, 1881)
- Paralichthys orbignyanus (Valenciennes, 1839)
- Paralichthys patagonicus D. S. Jordan, 1889
- Paralichthys squamilentus D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1882
- Paralichthys triocellatus A. Miranda-Ribeiro, 1903
- Paralichthys tropicus Ginsburg, 1933
- Paralichthys woolmani D. S. Jordan & T. M. Williams, 1897
Remove ads
Galería de imaxes
- Paralichthys dentatus
- Paralichthys oblongus
- Paralichthys olivaceus mimetizado co fondo onde pousa
- Paralichthys squamilentus
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads