Partido Comunista do Pobo Galego

partido político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Partido Comunista do Pobo Galego
Remove ads

O Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG) é un partido político galego.

Datos rápidos Instancia de, Ideoloxía política ...

Historia

O Partido Comunista do Povo Galego foi creado en 1984, paralelamente ao proceso de unidade e recomposición comunista impulsado en todo o estado por distintos partidos comunistas e máis en Cataluña polo Partit dels Comunistes de Catalunya, en contra do eurocomunismo imperante na dirección do PCE e do PCG. Este proceso levou á fundación do Partido Comunista (PC), antecesor do que logo foi o PCPE.

Posteriormente rexistrouse en 1993 como Partido Comunista do Pobo Galego[1]. Aínda que participou en diversos comicios, os resultados sempre foron minoritarios. A súa última participación foi nas eleccións ao Senado en 2008, onde presentaron candidatura pola provincia de Ourense, e onde obtiveron 4.243, 3.428 e 3.413 votos os seus tres candidatos. En 2008[2] rompeu co PCPE, deixando de ser o seu referente en Galiza.

En 2011 e 2012 o PCPG participou no Foro pola Unidade Comunista Galega, un intento de unificar o comunismo galego, tanto de procedencia histórica estatal como o de tradición independentista. Esa proposta foi nesa altura coa organización de tendencia maoísta Ateneu Proletário Galego e coa organización leninista clásica Forxa[3]. A iniciativa non prosperou e o PCPG seguiu no seu camiño que definen das tres unidades: Unidade Popular e frente de esquerdas, Unidade dos Traballadores e Unidade dos Comunistas. No ano 2014 ahegouse ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) e nas eleccións europeas dese ano o partido pediu o voto para a coalición Os Pobos Deciden, integrada polo propio BNG e os vascos Euskal Herria Bildu[4]. Nas eleccións locais de 2015 o PCPG volveu pedir o voto para o BNG - Asembleas Abertas e participou nalgunhas das súas candidaturas locais[5] Nas xerais do mesmo ano o partido formou parte da coalición Nós-Candidatura Galega, co BNG, o Partido Galeguista e outros pequenas organizacións. O representanter do PCPG, Xosé Collazo, foi candidato ao Senado de España pola Provincia de Pontevedra, candidatura que obtivo 31.375 votos (2,08% do total). A nivel local o partido tamén ten apoiado á candidatura Alternativa Canguesa de Esquerdas.

Remove ads

Ideoloxía

Thumb
O martelo e a fouce. Símbolos representativos do Comunismo

É unha organización Comunista e marxista-leninista partidaria da autodeterminación de Galicia.

Eleccións

Máis información Elección, Votos ...

Eleccións ao senado

Máis información Ano, Votos ...

Notas

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads