Pedro I de Courtenay

político francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Pedro I de Courtenay
Remove ads

Pedro de Francia[1], nado c. 1125 e finado c. 1183, foi o menor dos fillos do rei Lois VI de Francia e da súa segunda esposa, Adela de Savoia. Foi señor de Courtenay, Montargis, Château-Renard, Champignelles, Tanlay, Charny e Chantecoq.

Remove ads

Traxectoria

O seu pai deulle a dignidade de abade laico da colexiata de Nantes.

Acompañou en 1147 aos seus irmáns Lois VII de Francia et Roberto I de Dreux á Segunda Cruzada, tomando parte en todos os combates, entre eles o de Laodicea e no sitio de Damasco. Entre os cruzados estaba igualmente Renaud de Courtenay, pai da súa futura muller.

Cando os seus irmáns Henrique e Roberto se rebelaron contra a autoridade do rei, o seu irmán Lois, foi o único que permaneceu fiel, en 1149-50.

Tomou a cruz unha segunda vez en 1179 co conde Henrique I de Champaña e con Filipe de Dreux, bispo de Beauvais, o seu sobriño, e pasou a Terra Santa[2].

Morreu entre 1180 e 1183.

Remove ads

Matrimonio e descendencia

Contraeu nupcias con Isabel de Courtenay, filla de Reinaldo de Courtenay e Hawise de Donjon, e foron pais de 10 fillos, entre eles o futuro Emperador Latino de Constantinopla[3]:

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads