Pepe Rubianes
actor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
José[1] Rubianes Alegret, chamado Pepe Rubianes, nado en Vilaxoán, parroquia de San Martiño de Sobrán (Vilagarcía de Arousa),[2] o 2 de setembro de 1947 e finado en Barcelona o 1 de marzo de 2009, foi un actor galego.
Remove ads
Traxectoria
Emigrou coa familia a Barcelona na súa infancia. Comezou a facer obras de teatro como afeccionado aos 16 anos, e logo tomou contacto co teatro universitario do grupo T.U.C. (Teatro Universitario de Cámara). Posteriormente integrouse no NGTU (Nou Grup de Teatre Universitari) dirixido por Frederic Roda, e alí coñeceu os que despois formarían Dagoll Dagom, compañía na que comezará a traballar de forma profesional en 1977.
Aínda como estudante de dereito, participou como secundario en montaxes afeccionadas ou semiprofesionais de Un enemigo del pueblo, de Henrik Ibsen, El café de la Marina de Josep Maria de Sagarra, ou El mono piadoso, de Xosé Ruibal. A primeira montaxe profesional foi o musical No hablaré en clase, de Dagoll Dagom, e onde continuou con Antaviana, espectáculo que xirou por España, Francia, Italia e Suíza.
En 1981 participou da creación e convivencia da compañía Els Joglars coa súa Operación Ubú. A partir de 1982 iniciou a súa carreira en solitario, onde se dedicou fundamentalmente ao teatro de monólogos e humorístico. O seu primeiro espectáculo individual foi Pay-Pay, co que xirou por España, Cuba, México, Panamá, Costa Rica, Nicaragua e Guatemala.
Durante a década dos oitenta e primeiros noventa dedicouse a este xénero de teatro con diversos espectáculos, que representou tanto en España como en Iberoamérica. En 1995 dá o salto á televisión ao facer de Makinavaja un personaxe da serie Makinavaja, adaptación dunha banda deseñada de Ivá. Durante os anos seguintes continuou coa súa traxectoria de monologuista ata que en 2006 saltou á dirección de espectáculos coa montaxe Lorca eran todos, baseada en textos de distintos especialistas sobre a obra de Federico García Lorca. O seu último espectáculo foi La sonrisa etíope, que tivo que suspender por enfermidade.
En 2011 estreouse o filme documental Pepe & Rubianes, dirixido por Manuel Huerga, e no que participan entre outros os actores Joan Lluís Bozzo, Pepe Molina, Joan Gràcia ou o cantante Joan Manuel Serrat.
Remove ads
Polémica
O 20 de xaneiro de 2006, nunha entrevista promocional do seu espectáculo Lorca para todos na televisión pública catalá TV3, fixo unhas declaracións[3] sobre a unidade de España e o nacionalismo que resultaron moi polémicas. As declaracións provocaron a cancelación dalgúns espectáculos[4] en Madrid[5], e desculpouse e matizou as súas declaracións[6]. Unha asociación ultradereitista denunciouno por "ultraxes a España", e a denuncia foi arquivada en 2007. Porén, en xuño de 2008 o xulgado de instrución de Sant Feliú de Llobregat reabriu a causa acusando a Pepe Rubianes e o presentador Albert Om de "incitación ao odio" e "ultraxes a España", e a TV3 como responsable subsidiaria.[7]
Remove ads
Teatro
Espectáculos propios
Participación noutros espectáculos
Televisión
Vida persoal
En abril de 2008 anunciou que padecía un cancro de pulmón, que sería finalmente a causa da súa morte. Foi incinerado en Barcelona, e as súas cinzas espalláronse en Cuba e África.[8]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads