Peter MacKay
político canadense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Peter Gordon MacKay, nado en Nova Glasgow (Nova Escocia) o 27 de setembro de 1965, é un político canadense. Foi ministro de Asuntos Exteriores entre 2006 e 2007, Ministro de Defensa entre 2007 e 2013, foi, entre o 15 de xullo de 2013 e o 2 de agosto de 2015, Ministro de Xustiza e Fiscal Xeral do Canadá.
Remove ads
Remove ads
Traxectoria
Peter MacKay é licenciado en dereito e en 1991 foi chamado para a avogacía de Nova Escocia. Exerceu como avogado pero tamén como maxistrado en diversas xurisdicións.
Foi elixido por primeira vez para a Cámara dos Comúns do Canadá en xuño de 1997, con respecto á circunscrición de Pictou-Antigonish-Guysborough, baixo as cores do Partido Conservador Progresista do Canadá. Foi reelixido en novembro de 2000.
O 31 de maio de 2003, sucedeu ao ex primeiro ministro Joe Clark como líder do Partido Progresista Conservador. En agosto de 2003 publicouse unha enquisa de Ipsos-Reid, que indicaba que o apoio ao partido caería, en tres meses, desde o 19% ao 12% na opinión pública canadense.
Foi o último líder do Partido Conservador Progresista do Canadá (PC). En decembro de 2003 apoiou a fusión do partido coa Alianza Canadense para formar o novo Partido Conservador do Canadá.
Foi reelixido nas eleccións federais canadenses de 2006. O 6 de febreiro de 2006, xurou no despacho do primeiro ministro Stephen Harper o cargo como Ministro de Asuntos Exteriores. Despois converteuse en Ministro de Defensa Nacional e Ministro responsable da Axencia de Oportunidades do Canadá Atlántico. Durante a remodelación do gabinete en xullo de 2013, Peter MacKay convértese en Ministro de Xustiza e Fiscal Xeral do Canadá.
O 15 de xaneiro, MacKay anunciou a súa candidatura para a carreira de liderado conservador de 2020 e foi derrotado por Erin O'Toole na terceira votación para o liderado, tras o que se retirou da política activa.
Críticas
Foi criticado por cometer un erro ao falar das provincias que comparten fronteira con California en 2011 durante un discurso tras a aparición de Arnold Schwarzenegger en Winnipeg.[1]
Peter MacKay tamén foi criticado polo seu mal dominio da lingua francesa, a segunda lingua do Canadá e a principal no Quebec[2][3].
Remove ads
Comisións da Cámara dos Comúns
Na Cámara dos Comúns do Canadá, Peter MacKay foi membro:
- durante a 36 lexislatura (1997-2002), a Comisión Permanente de Xustiza e Dereitos Humanos e diversas subcomisións,
- durante o 38 Parlamento (2002-2004), a Comisión Permanente de Xustiza e Dereitos Humanos (rebautizada, durante o 3 Sesión, Comisión Permanente de Xustiza, Dereitos Humanos, Seguridade Pública e Preparación ás Emerxencias), e diversas subcomisións,
- durante a 38 lexislatura (desde 2004), dúas subcomisións.
Remove ads
Galería de imaxes
- No seu xuramento en 2006
- Peter MacKay e Condoleezza Rice, en abril de 2006
- En Brasil, xunto ao seu homólogo brasileiro Celso Amorim
- No Brasil
- MacKay con Condoleezza Rice e Patricia Espinosa, en xullo de 2007
- Conferencia de Seguridade en Múnic
Vida persoal
Desde 2006 até 2011 rumoreouse que mantiña unha relación con Condoleezza Rice; a Secretaria de Estado negou o romance pero afirmou que el fora un bo amigo e grazas a el continuou no seu cargo, que planeaba deixar.[4]
O 4 de xaneiro de 2012, casou coa activista e cantante Nazanin Afshin-Jam, sendo daquela Ministro de Xustiza e Fiscal Xeral do Canadá,[5] nunha cerimonia privada en México.[6] A parella ten dous fillos varóns, un chamado Kian, nado en 2013 e outro Caledon, nado en 2018 e unha filla chamada Valentia, nada en 2015.[7][8]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads