Petronio Máximo

emperador romano en 455 From Wikipedia, the free encyclopedia

Petronio Máximo
Remove ads

Petronio Máximo, nado en Roma no ano 397 e finado o 31 de maio de 455, foi un emperador romano, que só gobernou por dous meses.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Nace nunha familia con antecedentes senatoriais, sa desde moi curta idade, Petronius Maximus adicouse á política. No 411, con catorce anos é nomeado praetor, un cargo cerimonial, pero que lle abría as portas para ser nomeado no 415, tribunus et notarius, que era a antesala dos cargos imperiais. E así foi, xa que entre os anos 416 ao 419 foi nomeado Comes Sacrarum Largitionum, o xefe do tesouro imperial. Entre os anos 419 e 439 foi Prefecto da cidade de Roma por dúas veces e Praefectus Pretorio Italiae. Xa no 433, sendo Prefecto, acada a dignidade consular e volve a ser elixido como cónsul no 443. No 445 noméano Patricius, e xunto cos seus dous consulados, chega a ser o senador de máis alto nivel de Roma.

No 454 viuse envolto na conspiración que remata coa vida do xeneral Flavio Aecio, o único que lle facía sombra no status imperial. En conivencia con Heraclio, un eunuco ao servizo de Valentiniano III, consegue que o emperador, axudado por Heraclio, mate coas súas propias mans a Aecio, deixando a Roma sen o mellor dos seus xenerais e vencedor de Atila.

Pero Valentiniano III comete un erro, xa que viola a muller de Petronio Máximo, e despois de lle negar maiores dignidades pola grande oposición de Heraclio, conspira de novo contra o emperador, e consegue que, xunto con outros adversarios seus, os galos Optila e Transtila o maten mentres vía unha carreira de carros.

Ao quedar baleiro o trono imperial, os que optan a ser nomeados augustus florecen, pero Petronio Máximo conségueo, tomando coas súas forzas o pazo imperial e obrigando á viúva de Valentiano III, Eudocia, a casar con el.

Petronio Máximo nomea rapidamente a Avito como comandante e envíao a Toulusse en busca da axuda dos visigodos. Pero, segundo os escritos de Xoán de Antíoquia, Eudoxia xa pedira axuda aos vándalos de Xenserico, que tiñan estabelecido o seu reino en África. Este, que só esperaba un pretexto para atacar Roma, cruza o Mediterráneo e desembarca en Ostia, preto de Roma. Ao se saber a nova en Roma, estalan as desordes, que acaban coa vida de Petronio Máximo e a do seu fillo Paladio, que son despezados e tirados ao río Tíber. Tres días despois, Xenserico entra en Roma e saquea a cidade, capturando moitos escravos. Entre os reféns que leva para África, están a emperatriz Eudocia, e a súa filla Eudocia, xunto con Placidia, esposa do patricio Olibrio, que se atopaba naquel intre en Constantinopla, e irmán de Eudoxia. Máis tarde, Xenserico casa a Eudocia, filla da emperatriz co seu fillo Hunerico.

Máis información Imperio Romano ...
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads