Pilar Rojo

política española From Wikipedia, the free encyclopedia

Pilar Rojo
Remove ads

Pilar Milagros Rojo Noguera, nada na Coruña o 23 de febreiro de 1960, é unha política galega militante do PPdG.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

É licenciada en Arquitectura pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. En 1990 e ata 1996 exerceu como arquitecta da Facenda Pública na Delegación Provincial de Economía e Facenda en Pontevedra. En novembro de 1996 foi nomeada delegada provincial da Consellería de Cultura e Comunicación Social da Xunta de Galicia en Pontevedra, cargo que ocupou ata finais de 2001.[1]

No ano 2001 foi elixida deputada do PPdeG por Pontevedra no Parlamento de Galicia, cargo para o que foi reelixida nas VII e VIII lexislaturas. O 20 de xaneiro de 2003 foi nomeada Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, cargo que desempeñou ata as eleccións autonómicas de 2005.

Após as Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009, foi elixida presidenta do Parlamento de Galicia. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse en terceiro lugar pola provincia de Pontevedra e foi elixida deputada. En xaneiro de 2016 foi substituída na Presidencia do Parlamento Galego por Miguel Santalices.[2] Nas eleccións xerais de abril de 2019 presentouse ao Senado pola provincia de Pontevedra, sen obter escano. Repetiu candidatura nas Eleccións xerais de novembro do mesmo ano, desa volta con éxito.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads