Pobo ojibwa

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pobo ojibwa
Remove ads

Os ojibwa, ojibwe ou chippewa son un pobo indíxena do grupo anishinaabe que habita en América do Norte. Viven no Canadá e nos Estados Unidos e son un dos meirandes grupos étnicos indíxenas ó norte do río Bravo. No Canadá, son a segunda das Primeiras Nacións por poboación, só superados polos cree. Nos Estados Unidos, son o cuarto maior grupo de indíxenas, superados polos navagho, cherokee e os síux.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...

Tradicionalmente, os ojibwa falan a lingua ojibwa, unha lingua da familia algonquina. Forman parte do concilio de tres lumes e dos anishinaabeg, que inclúen os pobos algonquino, nipissing, oji-cree, odawa e potawatomi.

No Canadá hai 77 940 ojibwas; 76 760 saulteaux e 8 770 mississaugas, organizados en 125 bandas, que viven dende o oeste do Quebec até o leste da Columbia Británica. No ano 2010, os ojibwa dos Estados Unidos sumaban 170 742.[1]

Os ojibwa son coñecidos polas súas canoas de cortiza de bidueiro, a minaría e comercio de cobre e o cultivo de arroz salvaxe. A súa sociedade midewiwin é coñecida e respectada como gardiá da historia oral, cancións, mapas, recordos, historias, xeometría e matemáticas.[2]

Thumb
Distribución dos falantes de ojibwa.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads