Pobo ute
Pobo nativo americano nos Estados Unidos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O pobo ute (/ˈjuːt/) é un pobo indíxena da Gran Conca e da Meseta de Colorado que ocupou o actual estado de Utah, o oeste de Colorado e o norte de Novo México.[1][2] O nome "ute" significa "terra alta" ou "terra do Sol".[3] O seu dialecto ute é unha lingua númica do río Colorado, que forma parte da familia lingüística uto-azteca.[4]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: UTE.
Historicamente, os ute estaban conformados por case unha ducia de bandas nómades, que se reunían para cerimonias e comercio. Tamén comerciaban con tribos veciñas, incluídos os pobos pueblo. Os ute asentáronse na rexión das Catro Esquinas polo ano 1500[5] e, a finais do século XVII, xa posuían cabalos que adquiriran por mor do comercio con tribos veciñas. O primeiro contacto dos ute cos europeos foi cos españois no século XVIII[2] e, aínda que un contacto directo limitado, tamén levaban a cabo intercambios comerciais con eles.[2]

O contacto sostido cos euroamericanos comezou a partir de 1847 coa chegada dos mormóns ao oeste americano e a febre do ouro da década de 1850.[2] Os utes loitaron para protexer as súas terras dos invasores e Brigham Young convenceu ao presidente dos Estados Unidos, Abraham Lincoln, para que trasladase pola forza aos utes de Utah a unha reserva india en 1864.[2] Os utes de Colorado foron obrigados a establecérense nunha reserva en 1881.[1][6] Hoxe en día, hai tres tribos ute recoñecidas a nivel federal:
- Tribo india ute do sur da reserva ute do sur, Colorado.
- Tribo india ute da reserva Uintah e Ouray, Utah.
- Tribo ute das montañas Ute, Colorado.
Remove ads
Localización
Dende 1500, vivían nas Montañas Rochosas e tamén ocupaban grandes áreas ao oeste das montañas en Colorado e Utah chegando a se estender a partes de Wyoming, o leste de Nevada e Arizona.O estado de Utah leva o seu nome.
As terras que se estendían cara ao sur desde os utes estaban dominadas polos navaghos e apaches. Os seus veciños do norte eran os shoshone e as súas numerosas tribos. Os utes tamén se trasladaron ás chairas orientais, especialmente despois de recibir cabalos, pero a súa táctica de guerra era retirarse ás montañas e atraer o inimigo tras eles. Cando loitaban a pé nas Montañas Rochosas, eran opoñentes perigosos.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
