Praza Cameretten (Delft)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A praza Cameretten é unha praza situada no extremo noroeste da Gran Praza da localidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos. Noutros momentos recibiu tamén o nome de "praza do Peixe" (neerlandés: Vismarkt). [1]
Baixo a Cameretten flúe a canle Voldersgracht, que se atopa aí coas Wijnhaven e Hippolytusbuurt.
Na Idade Media, este era un lugar destinado ao comercio e dividíase en catro espazos, que foron ocupados entre 1338 e 1474 por banqueiros de orixe lombarda. A este feito pódese deber a orixe da denominación de "cámaras" para estes espazos.
Nesta praza localízanse varios edificios coa catalogación de Rijksmonument (monumento nacional), entre os que cabe salientar o Visbank ("mercado do peixe"), unha pintoresca construción do século XVIII dedicada ao comercio de peixe que aínda hoxe mantén a súa función.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads