Priyanka Chopra

From Wikipedia, the free encyclopedia

Priyanka Chopra
Remove ads

Priyanka Chopra (en hindi devánagari: प्रियंका चोपड़ा), nada en Jamshedpur, Jharkhand o 18 de xullo de 1982, é unha actriz e cantante india e gañadora do concurso internacional de beleza Miss Mundo no ano 2000. Antes do inicio da súa carreira de actuación traballou como modelo. Gañou fama e notoriedade despois de gañar o título de Miss Mundo no 2000. A miúdo é referida co alcume de "Piggy Chops" que lle foi dado polos seus co-protagonistas na rodaxe do filme hindú Bluffmaster!. Durante a súa carreira gañou unha vez o premio Filmfare, ao que tamén foi nomeada sete veces, e un Premio Nacional de Cine da India por Mellor Actriz.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

O seu debut como actriz foi no 2002, no filme Tamizhan. Ao seguinte ano fixo o seu debut en Bollywood co filme "The Hero: Love Story of a Spy", seguindo co éxito "Andaaz", polo cal gañou un Premio Filmfare por Mellor Debut Femenil. No 2004 converteuse na segunda muller en gañar o Premio Filmfare a Mellor Vilán, que recibiu polo seu aclamado papel pola crítica en Aitrazz. Chopra máis tarde tenría éxito comercial con filmes como Mujhse Shaadi Karogi (2004), Krrish (2006), Don: The Chase Begins Again (2006) e Don 2 (2011).

O 2008 marcou o comezo dunha nova etapa na carreira de Chopra. A súa interpretación de modelo con problemas, no filme Fashion valeulle un Premio Nacional de Cine á Mellor Actriz, así como un Premio Filmfare á Mellor Actriz. Recibiu críticas positivas polos seus papeis en filmes como Kaminey (2009), What's your Raashee? (2009) e 7 Khoon Maaf (2011), pola que gañou un Premio Filmfare a Mellor Actriz. Unha vez feito isto, Chopra estabeleceuse como unha das principais actrices do Bollywood contemporáneo.

Ademais de actuar en filmes, Chopra é actriz de teatro e lanzou o seu primeiro álbum discográfico a nivel internacional en 2012.

Remove ads

Traxectoria

Primeiros anos

Os dous pais de Priyanka, Ashok e Madhu Chopra, nada Akhauri, eran médicos, e ela ademais ten un irmán. Priyanka está moi unida ao seu pai, orixinario do Panxab; mentres que a súa nai é de Bihar ao norte da India. Pasou parte da súa infancia en Bareilly, Uttar Pradesh. A súa familia mudábase moito xa que o seu pai estaba na armada. Estudou no La Martiniere Lucknow en Lucknow, e máis tarde foise aos Estados Unidos, onde estudou na Newton North High School, en Newton, Massachusetts e na Robert Kennedy High School (Flusing Queens) en Nova York antes de regresar á India para completar a súa educación na Army Public School (Bareilly). Empezou no Jai Hind College en Bombai, pero o deixou para presentarse a Miss Mundo. O seu pai tamén foi un bo cantante.

Concursos de beleza

Priyanka coroouse Miss India Mundo e logo Miss Mundo en 2000.[2] O mesmo ano, Lara Dutta e Diya Mirza, ambas da India, gañaron Miss Universo e Miss Asia Pacific.

Foi a quinta hindú en coroarse Miss Mundo.

Carreira de actriz

Tras gañar Miss Mundo, fíxose actriz. O seu primeiro filme foi Thamizhan (2002) en támil e desde 2003 apareceu en moitas películas de Bollywood.

Actuou na serie Mujhse Shaadi Karogi en (2004) e logo en Aitraaz, un remake en hindi do filme protagonizado por Demi Moore Disclosure ( Acoso) e ese mesmo ano participou no tour "Temptations 2004" con outras estrelas de Bollywood, Shahrukh Khan, Rani Mukerji, Saif Ali Khan, Preity Zinta e Arjun Rampal.

En 2005, xa protagonizara moitos filmes e en 2006, participou en dous dos filmes máis taquilleros do ano, Krrish e Don - The Chase Begins Again. En 2006, Priyanka Chopra foi votada a muller asiática polo Eastern Eye, unha publicación asiática.

Carreira musical

A súa primeira gravación, a canción "Ullathai Killadhe" no filme "Thamizhan Tamil" (2002), fíxose a instancias do seu director Vijay, quen se fixara na súa forma de cantar no set.[3] En agosto de 2011, Chopra asinou un acordo de gravación con Universal Music Group, o acordo indica que o seu primeiro álbum de estudio sería lanzado por Interscope Records en Norteamérica e por Island Records noutros lugares.[4]

Chopra viaxou aos Estados Unidos para traballar no seu primeiro álbum que tiña previsto o seu lanzamento para principios de 2014, colaborando con Sam Watters, Matthew Koma, Jay Sean e RedOne, sendo este último o produtor do álbum.[5] O seu primeiro sinxelo "In My City" en colaboración de will.i.am inspirouse na súa infancia inestable e a súa viaxe dunha chica de pobo cunha celebridade, a canción recibiu críticas mixtas dos críticos, e foi un éxito comercial na India; vendeu máis de 130.000 copias na súa primeira semana encabezando a lista pop hindú e foi certificado triplo platino.[6]

En xullo de 2013 lanzou o seu segundo sinxelo "Exotic", en colaboración de Pitbull, e rapidamente chegou a ser número un en iTunes India, "Exotic" debutou no número 16 en "Billboard Dance/Electronic Songs" e no número 11 en "Dance/Electronic Digital Songs".[7]

O seu terceiro sinxelo, unha versión electropop de "I Can't Make You Love Me" de Bonnie Raitt, lanzado o 22 de abril de 2014.

Thumb
Priyanka Chopra People's Choice Awards India
Remove ads

Premios e nomeamentos

Gañadora

  • 2003: Premios Filmfare: Filmfare Best Debut Award; Andaaz
  • 2004: Premios Filmfare: Filmfare Best Villain Award; Aitraaz
  • 2004: Stardust Awards: Stardust Best Supporting Actress Award; The Hero: Love Story of a Spy
  • 2004, Bengal Film Journalists' Association Awards: Best Actress (Hindi Movies); Aitraaz
  • 2004: Star Screen Awards: Star Screen Award Best Villain; Aitraaz
  • 2005: Stardust Awards: Stardust Superstar of Tomorrow - Female; Mujhse Shaadi Karogi
  • 2006: Style Diva of 2006 [8]
  • 2006: POGO Awards: Most Amazing Actress; Krrish
  • 2006: Sabse Favouite Kaun: Tez Sitara.
  • 2007: Kelvinator's Gr8 Women Award: Contribution to Indian Cinema.
  • 2007: Most Searched Female Actor on Internet: GIFA Awards [9]
Remove ads

Filmografía

Máis información Ano, Filme ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads