Pulmonados
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O dos pulmonados (Pulmonata) é un grupo de discutida monofilia (anteriormente considerados como unha orde, e antes como unha subclase) de moluscos gasterópodos que inclúe os caracois terrestres e as limachas, que desenvolveron, grazas a unha modificación da cavidade paleal, que se fixo altamente vascularizada, transformándose nun pulmón (que non é homólgo do pulmón dos vertebrados terrestres) que lles permite a respiración aérea (de aí o nome que reciben), o que lles permite vivir en terra firme. Son o único grupo de moluscos que colonizaron o medio terrestre.
O taxon dos pulmonados como tradicionalmente era definido demostrouse que era polifilético nun estudo molecular realizado por Jörger et al. en 2010.[2]
Remove ads
Características

1: cuncha, 2: fígado, 3: pulmón, 4: ano, 5: poro respiratorio (pneumostoma), 6: ollo, 7: tentáculo, 8: ganglios cerebrais, 9: conduto salivar, 10: boca, 11: papo, 12: glándula salivar, 13: poro xenital, 14: pene, 15: vaxina, 16: glándula mucosa, 17: oviduto, 18: saco de dardos, 19: pé, 20: estómago, 21: ril, 22: manto, 23: corazón, 24: vasos deferentes.
A maioría das especies dos pulmomados carecen por completo de branquias, e teñen a cavidade paleal transformada nun órgano respiratorio chamado pulmón (por comparación cos verdadeiros pulmóns dos vertebrados tetrápodos), e ao que alude o seu nome.
Trátase dunha cavidade do manto transformada nun amplo saco coas súa delgadas paredes moi vascularizadas, que comunica co exterior mediante unha estreita abertura situada lateralmente, á dereita, chamada poro respiratorio ou pneumostoma.[3]
Os pulmonados, igual que outros gasterópodos, sofren no curso do seu desenvolvemento unha distorsión (torsión) do saco viscerasl, polo cal a comisura visceral non está entrecruzada.[3]
Teñen un corazón cunha soa aurícula, un ril, e un sistema nervioso concentrado, simétrico. O atrio cardíaco encóntrase case sempre en polsición anterior ao ventrículo. A cavidadd paleal encóntrase no lado dereito do cuerpo.

A maioría das especies teñen unha cuncha, pero sen opérculo, aínda que o grupo tamén inclúe varias limachas se cuncha. A cuncha, dextrorsa, e só excepcionalmente sinestrorsa, en xeral é delgada e espiralada; nalgunhas especies está reducida e cuberta, total ou parcialmente, polo manto, e noutras, como quedou dito, mesmo falta.
A boca presenta unha rádula con numerosos pequenos dentes, e frecuentemente, mandíbulas.
O poro xenital ábrese ao exterior polo lado dereito, detrás da cabeza. Son hermafroditas, e as estratexias reprodutivas dalgunhas especies, como as dos caracois terrestres, inclúen o chamado cortexo, e empregan estruturas como os denominados dardos do amor (do inglés, love darts).[3][4]
Remove ads
Taxonomía




Descrición
A orde dos pulmonados foi descrita por primeira vez en 1814 polo naturalista francés Georges Cuvier, descrición que rexistra, dous anos máis tarde o seu colega e compatriota Henri Marie Ducrotay de Blainville, no seu traballo Prodrome d'une nouvelle distribution systématique du règne animal (Comezo dunha nova distribución do reino animal).
Etimoloxía
O nome científico Pulmonata é o nomintivo plural do adxectivo do latín científico pulmonatus, -a, -um, derivado do substantivo do latín clásico pulmo, -õnis, 'pulmón'. Literalmente, 'os que teñen pulmón'.
Clasificación
Unha clasificación en continua revisión
Desde que Darwin formulara a súa teoría da evolución, a taxonomía biolóxica intentou reflectir a filoxenia dos organismos. As clasificacións utilizadas en taxonomía intentan, por tanto, representaren as interrelacións entre os distintos taxons. Porén, a taxonomía dos pulmonados, como a dos demais grupos de gasterópodos está continuamente sendo revisada e, debido a isto, as versións que se mostran en diversos textos poden diferir de maneira importante.
Distintas consideracións sobre a categoría taxonómica do grupo
Segundo os distintas bases de datos, o grupo dos Pulmonata é considerado como:
- Unha subclase pola Fossilworks Paleobiology Database.[5]
- Unha infraclase polo World Register of Marine Species.[6]
- Unha orde pola Animal Diversity Web.[7] e por Fauna Europaea.[8]
- Non é considerado polo Sistema Integrado de Información Taxonómica,[9] nin, polo tanto, no Catalogue of Life,[10] nin pola IUCN.[11]
Clasificacións tradicionais
Unha das máis seguidas clasificacións tradicionais, divide a orde dos pulmonados nas subordes dos estilomatófos (Stylommatophora), basomatóforos (Basommatophora) e eupulmonados (Eupulmonata). Porén, outros autores,[3] reducen estas ás dúas primeiras.
Clasificacións modernas
§ Clasificación de Ponder & Lindberg (1997)
Segundo a clasificación dos gasterópodos de Ponder & Lindberg (1997), a taxonomía dos pulmonados é a seguinte:[12]
- Orde Pulmonata Cuvier in Blainville, 1814
- Suborde Systellommatophora Pilsbry, 1948
- Suborde Basommatophora Keferstein in Bronn, 1864
- Suborde Eupulmonata Haszprunar & Huber, 1990
- Infraorde Acteophila Dall, 1885 (antigamente Archaeopulmonata)
- Infraorde Trimusculiformes Minichev & Starobogatov, 1975
§ Clasificación baseada na análise filoxenética, de Bouchet & Rocroi (2005). [13][14]
- Grupo informal Pulmonata Cuvier in Blainville, 1814
- Grupo informal Basommatophora Keferstein in Bronn, 1864
- Clado Eupulmonata Haszprunar & Huber, 1990 (clado sen clasificar, contén os clados Systellommatophora e Stylommatophora)
- Clado Systellommatophora (Gymnomorpha)
- Clado Stylommatophora (contén os subclados Elasmognatha, Orthurethra e o grupo informal Sigmurethra)
- Subclado Elasmognatha
- Subclado Orthurethra
- Grupo informal Sigmurethra'
- "Limacoid clade"
§ Clasificación de Jörger et al. 2010
Jörger et al. (2010) analizaron os grupos principais dentro dos Heterobranchia usando datos xenéticos e encontraron que nos Pulmonata, que se consideraba un grupo polifilético, algúns estaban máis estreitamente relacionadas cos Sacoglossa e os Acochlidia, polo que propuxeron un taxon máis inclusivo, o dos Panpulmonata para unir os clados Siphonarioidea, Sacoglossa, Glacidorboidea, Pyramidelloidea, Amphiboloidea, Hygrophila, Acochlidia e Eupulmonata.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads