Bonito

From Wikipedia, the free encyclopedia

Bonito
Remove ads

O bonito,[1] Sarda sarda, tamén coñecido en Galicia como alistado, albacora, listado e serra,[2] é un peixe osteíctio da orde dos perciformes e familia dos escómbridos, mariño, de grande interese pesqueiro e gastronómico. É de carne rica en graxa (é un dos chamados peixes azuis).

Datos rápidos Conservación, Clasificación taxonómica ...
Thumb
Lámina n°46 do libro "Le règne animal distribué d'après son organisation" de Georges Cuvier (Tomo 8, 2ª ed., 1828), na que se representa, abaixo, a especie Thynnus brachypterus (hoxe Sarda sarda).

Non é moi frecuente en Galicia, aínda que ás veces pode verse nas lonxas.[3] Captúrase principalmente nos mares Mediterráneo e Báltico.[4]

Recibe ás veces tamén a denominación de bonito atlántico ou bonito do sur, para diferencialo do bonito do norte (Thunnus alalunga), o que se chama en Galicia bonito por antonomasia,[2] moi semellante pero moito máis apreciado, gastronómica e economicamente.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

Esta especie describiuse por primeira vez en 1793, co nome de Scomber sarda,[5] polo médico e naturalista alemán, Marcus Elieser Bloch, que está xeralmente considerado como un dos máis importantes ictiólogos do século XVIII, na súa monumental obra Allgemeine Naturgeschichte der Fische publicada en Berlin entre 1782 e 1795, en 12 volumes. Posteriormente foi reclasificado dentro do xénero Sarda.

Sinónimos

Ademais de polo nome orixinario que lle adxudicou Bloch, e do actualmente válido, ao longo do tempo a especoe foi coñecida polos sinónimos seguintes:[6][5][7]

Thumb
Bonitos expostos á venda (aínda que aparezan etiquetados como atún).
  • Palamita sarda (Bloch, 1793)
  • Pelamis sarda (Bloch, 1793)
  • Pelamys sarda (Bloch, 1793)
  • Sarda mediterranea (Bloch & Schneider, 1801)
  • Sarda pelamis Brünnich, 1768
  • Scomber mediterraneus Bloch & Schneider, 1801
  • Scomber palamitus Rafinesque, 1810
  • Scomber ponticus Pallas, 1814
  • Scomber sarda Bloch, 1793 (protónimo)
  • Thynnus brachypterus Cuvier, 1829
  • Thynnus sardus (Bloch, 1793)

Etimoloxía

O nome do xénero, Sarda (e o específico sarda), talvez deriva do latín tardío sardina, diminutivo de sarda, termos probablemente de orixe grega: σάρδη sárdē, σαρδήνη sardénē, σαρδῖνος sardĩnos. Tradicionalmente asóciase o termo coa illa mediterránea de Sardeña (en latín Sardinia, en grego antigo Σαρδώ Sardó), cerca da que probablemente se capturarían estes peixes.[8]

Remove ads

Características

Thumb
Exemplar capturado preto de Bermeo.

De corpo alongado, fusiforme, lixeiramente comprimido, a súa cabeza é cónica, coa boca terminal, grande, e con numerosos dentes cónicos. Os ollos son relativamente grandes.
As aletas pectorais son pequenas, as dorsais alongadas, non falciformes (é dicir, en forma de fouciño); a primeira longa, con de 20 a 23 raios espiñosos, e a caudal gallada, con pedúnculo provisto de dúas series de pínnulas (unha dorsal e outra ventral) e de dúas quillas laterais. O dorso é de cor azul escura sobre o que destacan, no adulto, entre 7 e 10 bandas lonxitudinais, estreitas, negras, lixeiramente oblicuas; o ventre e a parte inferior dos costados son dun prateado case branco. Os individuos novos presentan de 10 a 12 bandas transversais escuras.
Ten o corpo cuberto de pequenas escamas, agás na zona pectoral. Non posúe vexiga natatoria.
Distribúese polo Atlántico tropical, chegando até o golfo de Biscaia, e no Mediterráneo.
Pode acadar até 90 cm de lonxitude e 10 kg de peso, pero nas nosas costas non pasa dos 60 cm e de 1 a 4 kg.[3][4][9][10]

Remove ads

Bioloxía

Thumb
Exemplar xuvenil.

Hábitat e distribución

É unha especie peláxica que habita en cardumes preto das costas en todo o océano Atlántico,[4] na franxa comprendida entre os paralelos 55º norte e 45º sur, desde Noruega e as illas Británicas até Suráfrica, e incluíndo o Mediterráneo, até o mar Negro no Atlántico oriental, e desde Nova Escocia até o sur do Brasil e na Arxentina no occidental, incluíndo o golfo de México, e aínda que está xeralmente ausente no mar Caribe, rexistrouse en Colombia e Venezuela; falta no nordeste e o centro do Brasil.[6]

Costumes

Como o resto dos túnidos, é unha especie peláxica, gregaria e de alimentación carnívora, sendo predador doutros peixes como sardiñas, xardas ou xurelos. Cando van perseguindo os bancos de peixes adoitan saltar fóra da superficie da auga.

Reprodución

A desova prodúcese xa en xuño, en augas costeiras e cálidas. Unha vez realizada, os bancos divídense en grupos máis pequenos que regresan ó mar espallándose por todo o Atlántico.

Especies semellantes

Thumb
Bonito austral (Sarda australis)

Á parte da semellanza que xa se mencionou co bonito do norte, outras especies de bonito de interese comercial son as seguintes:

  • Sarda australis: bonito austral ou bonito raiado de Australia. Habita unicamente nos mares de Oceanía. Presenta bandas horizontais escuras no dorso e máis finas no ventre.
  • Sarda chilensis: bonito do Pacífico, bonito de California. Presenta bandas verticais escuras.
  • Sarda orientalis: bonito mono, propio dos océanos Pacífico e Índico.
Remove ads

Aproveitamento pesqueiro

As poboacións de bonitos achéganse á costa no momento da reprodución, entre xuño e xullo. Este fenómeno é aproveitado polos pescadores para a súa captura, nas chamadas costeiras do bonito, mediante artes de palangre ou de arrastre.

O bonito na alimentación

Véxase artigo principal: Túnidos.

A carne dos bonitos adoita ser máis clara que a doutras especies e o seu contido graxo é bastante máis baixo (da orde do 6%). En consecuencia, as calorías que achega á dieta tamén son moito menores: 138 calorías por 100 gramos.

En Galicia

A primeira cita deste especie en augas galegas débese ao ictiólogo e oceanógrafo español De Buen, en 1930, en "Ictiología española. I. Scombriformes y Thunniformes". Bol. Pesc. 162: 34-53.[11]

Nomes galegos

En galego existe bastante confusión sobre o nome desta especie. No dicionario da RAG en liña a definición de bonito é ambigua: «Peixe da familia dos escómbridos de corpo alongado, tamaño grande e xeralmente de cor azul escura prateada, que se consome fresco ou en conserva e do que existen varias especies. Algúns bonitos caracterízanse por ter bandas negras e prateadas no ventre. O bonito é un peixe común no Atlántico»,[1] xa que existen «varias especies» de bonitos no Atlántico.

Nas enciclopedias e grandes dicionarios galegos hai numerosas contadricións. Para a Gran enciclopedia gallega, o bonito é a especie Germo alalunga[12] —hoxe coñecida cientificamente como Thunnus alalunga—, mentres que para o Diccionario enciclopédico galego universal é Sarda sarda.[13][14] Loxicamente, tamén é Sarda sarda para o Dicionario de galego de Ir Indo,[15] Porén, para o Gran dicionario Cumio da lingua galega, o Gran dicionario Século21 da lingua galega e máis o Gran dicionario Xerais da lingua galega o bonito é Thunnus alalunga.[16][17][18]

Segundo Ríos Panisse, Sarda sarda coñécese como alistado en trece portos de Galicia, albacora en nove, bonito en seis , listado en tres, serra noutros tres, e bonito alistado nun (Abelleira). E para a outra "especie conflitiva", Germo alalunga (hoxe Thunnus alalunga), recolleu o nome de bonito nada menos que en corenta e nove localidades costeiras (ademais de albacora en catro, mono —ao pequeno— en dezaseis, e surdo en dúas.[2]

Nas obras ictiolóxicas e terminolóxicas publicadas en galego dan, para Sarda sarda, os nomes de alistado,[3] bonito,[9] e os de bontito do Atlántico, bonito do norte e bonito de lombo raiado.[19]

Á outra especie, Thunnus alalunga, danlle os autores anteriormente citados os nomes de bonito e bonito de ala larga,[3] albacora,[9] e bonito.[19]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads