Cerquiño

especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Cerquiño
Remove ads

O cerquiño[1][2] ou carballo cerqueiro[3] (Quercus pyrenaica Willd.) é unha especie de carballo monoico que habita en bosques caducifolios. Pode chegar até os 20 ou 25 metros. É máis miúdo, rústico e frugal có carballo común (Quercus robur) e carballo albariño (Quercus petraea). Aparece en Galiza.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...

Recibe tamén os nomes de carballo cerquiño, carballo curpio, rebolo[3], carballo negro ou carballo negral.

Remove ads

Descrición

Thumb
Folla do cerquiño de preto.
Thumb
Comparación entre follas de carballos: Quercus robur (carballo común), Quercus petraea (carballo branco), Quercus pyreneica (cerquiño) et Quercus ilex (aciñeira).

Ten raíces profundas, cun eixo central e numerosas raíces horizontais estoloníferas. O tronco é dereito e de cor grisalla ou parda, grosa e con gretas; a copa é alta e ampla.

Thumb
Follas do cerquiño.

As follas miden 8-16 x 4–12 cm, cun pecíolo de 5–20 mm; son simples, alternas, de forma elíptica e moi pinnatipartidas; teñen cor verde cincenta mate na face e abrancazada polo tomento no envés.

As landras, de 1,5-4,5 cm, teñen unha cúpula que cobre máis da metade, e teñen un pedúnculo de non máis de 4 cm.

Os cerquiños teñen flores unisexuais. Florecen entre maio e xuño.

Remove ads

Distribución e hábitat

É orixinaria do suroeste de Europa e do norte de África. Esténdese por case toda a Península Ibérica agás na faixa norte, onde falla ou escasea, porén en Galiza abunda no sur e no leste. Medra na contorna do mediterráneo occidental. Polo norte acada a Bretaña e outras zonas occidentais de Francia —dende o nivel do mar até os 500 metros—, mentres que cara ao sur só existe no norte de Marrocos, acadando a súa fronteira meridional no macizo do Rif. Na Península Ibérica é máis ou menos frecuente en todas as rexións interiores, especialmente nas montañas do centro e do cuadrante noroccidental, principalmente nas abas das montañas silíceas, entre os 400 e os 1600 metros de altitude e algo máis en Andalucía. Falta en Baleares e no sueste é moi escaso por ser os terreos calcarios e o clima moi seco. Cómpre resaltar a presenza de pés illados, touzas ou pequenos cerqueirais achegados ás costas cantábrica e galega, onde o cerquiño mestúrase co carballo veriño formando fragas ao longo da beiramar francesa, chegado até a Bretaña. En Galiza abunda en todo o territorio, sendo moi frecuente nas carballeiras do sur ou formando touzas (cerqueirais).

É unha especie que gusta do solleiro ou de media luz e temperamento robusto, silicícola e basífuga, instálase sobre terreos de variada natureza —cuarcitas, arenitas, lousas, micacitas, gneises, granitos e areas máis ou menos arxilosas; raro en calcarias descalcificadas o dolomíticas—. Atura mellor un clima máis continental e con invernos máis fríos ca outros carballos. Na meirande parte da súa zona de distribución danse precipitacións que van dende os 650 aos 1.200 mm anuais. O seu período vexetativo coincide coa falla de choivas estivais. O cerquiño é un excelente creador de solos, coñecidos como «terras de cerqueiral», que na nomenclatura edafolóxica se consideran cambisolos húmicos e pertencen á familia das terras pardas.

Remove ads

O cerquiño na cultura galega

Un dos poemas de Eduardo Pondal fala do cerquiño:

Rei d'os castros, castro fòrte,
garrido castro Nemenzo,
o d'as uces montesias
e d'os carballos cerqueiros[4].

Usos

En boas estacións, as características dendrométricas deste carballo son semellantes ás dos veriños e albariños (como acontece por exemplo nas serras do sur de Salamanca). Pola contra é frecuente que por mor da falla da tratamentos axeitados, presente unha madeira deformábel, de peor calidade ca outros carballos, con toros menos grosos e máis irregulares (resulta difícil atoparmos pezas rectas de abondo e cun tamaño axeitado para traballos de carpintaría). Tense usado especialmente para travesas do camiño de ferro, trabes de edificacións rurais ou postes de teléfono, así como carpintarías de portas e fiestras. Debido á facilidade de regromar de raíz é moi axeitado para a súa explotación en monte baixo, fornecendo leña e carbón de excelente calidade.

Como ocorre con outros carballos, a casca posúe gran cantidade de taninos, polo que se emprega no curtume de peles, sendo preferida a do carballo veriño (Quercus robur) e outros carballos.
As landras serven para alimentar o gando polo outono e o inverno, aínda que, doutra volta, son mellores as dos carballo de folla perenne, especialmente a aciñeira; e na primavera ramallean os gomos tenros, tanto na árbore coma nos rebentos de raíz, o que axuda a rozar o terreo e mantelo adevesado con excelentes pasteiros.

Remove ads

Taxonomía

Quercus pyrenaica foi descrita por Carl Ludwig Willdenow e publicado en Species Plantarum. Editio quarta 4: 451. 1805.[5]

Etimoloxía

Quercus: nome xenérico do latín que designaba a todos os carballos (carballo común, aciñeira, caxigo...).

pyrenaica: epíteto xeográfico que alude á súa localización nos Pireneos. Nalgúns manuais denomínaselle erroneamente carballo pirenaico, galeguizando o binome latino, mais o nome específico pyrenaica é pouco apropiado, xa que falta case por completo nos Pireneos. Débese a que llo puxo o botanista alemán Carl Ludwig von Willdenow (1765-1812)[6] baseándose nunhas mostras secas do herbario que lle chegaron cunha etiqueta que lle atribuía esa procedencia. Prevalece sobre outro que foi moito máis usado, Quercus toza Bosc, pois así o esixen as regras de nomenclatura botánica.

O termo galego cerquiño podería vir adxectivo latino quercico (de Quercus, carballo)[7].

Sinonimia
  • Quercus aurin Bosc
  • Quercus brossa Bosc
  • Quercus camata Petz. & G.Kirchn.
  • Quercus castellana Bosc ex Pers.
  • Quercus cenomanensis Desf. ex Endl.
  • Quercus cerris DC.
  • Quercus humilis DC.
  • Quercus lanuginosa subsp. palensis (Palassou) A.Camus
  • Quercus palensis Palassou
  • Quercus pubescens subsp. palensis (Palassou) O.Schwarz
  • Quercus stolonifera Lapeyr.
  • Quercus tauza Desf.
  • Quercus tauzin Pers.
  • Quercus tauzinii Bubani
  • Quercus toza Gillet ex Bosc
  • Quercus toza Bastard[8]
Remove ads

Nomes comúns

Thumb
Cerqueiral polo inverno.

Posúe numerosos nomes populares en galego. A Real Academia Galega só recolle no seu dicionario: carballo cerqueiro, carballo cerquiño, carballo curpio e rebolo[3].

Carballo cerquiño, carballo cerqueño, carballo cenquiño, cerquiño, cerqueiro, carballo cerqueiro, carballo curpio, rebolo negro, rebolo negral, rebolo cerqueiro, rebolo bravo, rebolo beriño, rebolo beliño, rebolo alberiño, rebolo, rebola, rebola negra, negrelo, negredo, negraíño, marouviño, carballo negro, carballo negrel, carballo negral, carballo mourau, carballo moural, carballo de casca escura, garno, cerquiño, cerqueiro, carballo maría velino, carballo enciviño, carballo do norte, carballo viriño, carballo veriño, carballo veliño, carballo veleiriño, carballo verdiño, carballo albar, carballo, carballizo e carballeiro[9], touza, carroucha e chaparreiro.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads