Quitosano
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O quitosano é un polisacárido catiónico producido mediante a desacetilación da quitina, un polisacárido que se atopa no exoesqueleto dos crustáceos e dalgúns outros invertebrados e fungos, mediante un proceso de alcalinización a altas temperaturas.[1]
Remove ads
Nomes
O quitosano, tamén é chamado quitosana, e en inglés e castelán é comercializado como chitosan e chitosán.[2] O termo provén do grego χιτών, chiton, que significa 'túnica' ou 'envoltura', referíndose á súa estrutura envolvente dos organismos dos que se extrae.[3]
Tamén é coñecido cientificamente como poliglusam, de poli-(1,4)-β-D-glucosamina,[4] sendo un polímero de glicosamina.
Usos
O quitosano é apreciado nas industrias farmacéutica, médica e ambiental debido ás súas propiedades biodegradables, biocompatibles e antimicrobianas, que o fan adecuado para múltiples aplicacións, dende tratamentos médicos até a purificación de auga.[5]
É utilizado na cicatrización de feridas, na eliminación de proteínas alérxicas dos alimentos, na liberación controlada de fármacos (nanopartículas) e como complemento alimenticio con efecto hipocolesterolémico.
A súa acción contra a obesidade aínda se discute na literatura e pode actuar de dúas formas:
- Complexación con lípidos no tracto intestinal, sendo eliminado a través das feces.
- Atraso na acción das lipases dixestivas.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads


