Rúa Real (A Coruña)
rúa da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A rúa Real é unha rúa da Coruña situada no barrio da Pescaría[1] da cidade.
É unha rúa peonil situada entre a rúa Rego de Auga e o Cantón Grande.
Remove ads
Historia
A rúa Real é unha das máis antigas da cidade da Coruña e supuña o camiño principal de acceso á Cidade Vella. En escavacións dos anos 1949 e 2004 atopáronse tumbas dos séculos III ao IV.[2]
Inicialmente comezaba na praza de San Xurxo, situada diante da antiga igrexa e cemiterio de San Xurxo, que estaban situados onde se construíu o Teatro Rosalía de Castro. Dende 1791 ten o trazado actual.[3] Ata polo menos 1793 existiu unha capela contigua ao edificio da Aduana.[4]
No número 94 fundouse en 1893 o Casino Republicano[5] e en 1916 tivo lugar no número 38 a primeira xuntanza das Irmandades da Fala.[6]
A rúa foi chamada Acevedo en varias ocasións durante o século XIX e entre 1931 e 1936 rúa do Capitán Galán.[3]
Remove ads
Veciños e comercios

No número 56 viviron tanto Juana de Vega como Adelaida Muro e no número 75 viviron e morreron Eusebio da Guarda e Modesta Goicouría. No número 11 naceu Eduardo Dato.[7]
Na rúa estiveron os establecementos do músico Canuto Berea e do fotógrafo Pedro Ferrer[8] e no número 55 tivo a súa sede a Banca Obanza.
Ao principio da rúa Real estivo o Salón París, que foi cine entre 1908 e 1999,[9][10] e no número 94 o cine Savoy (logo Ya-Voy), edificio desaparecido de estilo art déco de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés.[11] No número 20 tivo lugar a primeira exposición de Picasso en 1895.[12]
Remove ads
Arquitectura
Na rúa Real consérvanse algúns edificios destacados:[13]
- Nº 11, do século XIX.
- Nº 17, Casa Tizón, de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés (1920).
- Nº 27, Casa de José Frausk, de Fernando Domínguez Romay (1797).
- Nº 55, Casa Obanza, de Faustino Domínguez Coumes-Gay (1884).[14]
- Nº 14 (1860).
- Nº 18, de Faustino Domínguez Domínguez (1869).
- Nº 22, de Julio Galán Carvajal e Antonio de Mesa (1910), con fachada modernista.
- Nº 24, Casa de Vicente Tenreiro, de Gabriel Vitini (1873).
- Nº 86, Café Moderno, de Antonio de Mesa (1919), modernista.
Tamén ten fachada á rúa Real o edificio da antiga Aduana (1779, reformado en 1846 por Faustino Domínguez Domínguez), actual sede da Subdelegación do Goberno.
No número 74 estaba o mural de Urbano Lugrís[15] "Vista de A Coruña 1669" trasladado en 2016 á oficina de Abanca da rúa dos Olmos.[16]
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads