Rauman Lukko

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rauman Lukko
Remove ads

O Rauman Lukko é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Rauma (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga (a máxima competición do hóckey sobre xeo finlandés), competición que gañou nunha ocasión en 1963, antes de que adoptara a denominación actual. O equipo foi fundado en 1936 e xoga os seus encontros como local no Äijänsuo Arena, un pavillón con capacidade para 5.400 espectadores.

Datos rápidos Fundación, Cidade ...
Remove ads

Historia

O Lukko fundouse o 8 de novembro de 1936 no Rauma Wood, onde se celebrou a reunión fundacional. Inicialmente o club naceu para desenvolver actividades de atletismo durante o verán e de esquí no inverno, e non foi ata unha década despois cando o hóckey sobre xeo integrouse nas actividades do club, sumándose á orientación, o ciclismo, o piragüismo, a ximnasia, a natación, a halterofilia, fútbol, bandy, pesäpallo, hóckey sobre herba, e os xa citados atletismo e esquí.[2]

Oiva Helimo, quen levou as primeiras equipacións da modalidade a Rauma dende Loimaa, é considerado o pai do hóckey sobre xeo en Rauma. En 1946 Helimo invitou á exente a provar o novo deporte no xeo do estanque ao lado do serradoiro.[2]

Thumb
Equipo do Lukko campión de Finlandia en 1963.

Na tempada 1962-63 chegou o maior logro da historia do club cando o equipo de Rauma se proclamou campión do campionato finlandés, a SM-sarja, con tan só un punto máis que Tappara, que finalizou segundo. Este triunfo supuxo ademais o punto e final de seis anos consecutivos de dominio do campionato por parte dos dous grandes equipos de Tampere: Ilves (4 títulos nese período) e o propio Tappara (2 títulos neses seis anos).[3] Lukko alzouse co trofeo logo de derrotar a Tappara no derradeiro partido, disputado o 23 de febreiro, ante 7 820 espectadores. Rauma fora un equipo tradicionalmente feble na portería, problema que solucionaron coa chegada do ex xogador de SaiPa Risto Kaitala, sendo esa tempada ademais o equipo menos goleado do campionato.[4]

O 12 de novembro de 2016 o club celebrou o seu 80º aniversario no partido que o enfrontou ao Tappara.[2]

Remove ads

Xogadores

Xogadores destacados

  • Finlandia Tero Arkiomaa (1991–1996)
  • República Checa Petr Briza (1991–1993)
  • Hal Gill (2004–2005)
  • Finlandia Tuomas Grönman (1992–1994, 2000–2002)
  • Finlandia Janne Grönvall (1989–1992)
  • Finlandia Esa Hakkarainen (1970–1984)
  • Finlandia Esa Keskinen (1988–1991)
  • Finlandia Jarmo Kuusisto (1979–1995, 1997–1998)
  • Finlandia Jari Laiho (1973–1987)
  • Finlandia Topi Lehtonen (1999–2004, 2005–2006)
  • Finlandia Petri Lätti (1989–2003)
  • Allan Measures (1987–1993, 1999–2001)
  • Finlandia Mika Nieminen (1991–1992)
  • Finlandia Janne Niskala (2000–2005)
  • Finlandia Toni Porkka (1988–1991, 1994–1996, 2002–2006)
  • Finlandia Pentti Rautalin (1958–1972)
  • Finlandia Juha Riihijärvi (1994–1996)
  • Finlandia Jouni Rinne (1972–1980, 1981–1982)
  • Finlandia Kimmo Rintanen (1990–1994)
 
  • Dwayne Roloson (2004–2005)
  • Boris Rousson (1994–1997)
  • Finlandia Pasi Saarela (1990–1995, 2000–2006, 2008–2009)
  • Finlandia Timo Saarikoski (1989–1993)
  • Finlandia Kalle Sahlstedt (1991–1997)
  • Janis Sprukts (2000–2001, 2007–2008)
  • República Checa Josef Straka (2006–2007)
  • Finlandia Harri Suvanto (1988–1995, 1998–2000)
  • Leonids Tambijevs (1997–2000)
  • Mikael Tellqvist (2009–2010)
  • Finlandia Esa Tommila (1981–1992)
  • Shayne Toporowski (2004–2008)
  • Finlandia Sami Torkki (1996–2005)
  • Finlandia Miikka Tuomainen (2005–2011)
  • Finlandia Seppo Vainio (1954–1967)
  • Finlandia Petri Vehanen (2001–2006, 2007–2010)
  • Finlandia Ismo Villa (1971–1988)
  • Finlandia Juhani Wallenius (1974–1981, 1983–1986)

Números retirados

Lukko ten retirado os seguintes sete números ao longo da súa historia. O número catro foi retirado en honor a dous xogadores do equipo, Teppo Rastio e Jouni Peltonen:[5]

Máis información Nº, Xogador ...
Remove ads

Equipo feminino

Thumb
Xogadoras do Lukko durante a tempada 2022-23, a última do hóckey feminino no club de Rauma.
Artigo principal: Lukko Naiset.

Durante anos o club contou cun equipo feminino que chegou competir na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. O Lukko oficializou o seu equipo feminino na tempada 1997-98 ao inscribilo para as eliminatorias de I-divisioona.[6] Con todo, o 28 de abril de 2023 Lukko ry, a empresa que xestionaba o equipo feminino entre outros, decidiu suprimir o equipo da Naisten Liiga sinalando unha presunta falta de xogadoras.[7]

Palmarés

Trofeos colectivos

Thumb
A Kanada-malja, trofeo entregado ao equipo campión dos play-offs e polo tanto campión de Finlandia. Lukko proclamouse campión de Finlandia en dúas ocasións.
SM-liiga
  • A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Lukko gañou proclamouse un total de 16 veces campión de Finlandia: 1963 e 2021.[8]
    • 3 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1961, 1966 e 1988.[5]
    • 6 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1965, 1969, 1994, 1996, 2011 e 2014.[5]
Suomen Cup
  • Campión: 1964 e 1969.

Trofeos individuais

  • Trofeo Aarne Honkavaara: outorgado ao máximo goleador durante a tempada regular. Foi entregado por primeira vez en 1934, antes da profesionalización da liga. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador de Ilves e da seleccionador masculino Aarne Honkavaara. Un total de catro xogadores de Lukko recibiron este galardón, todos eles cun galardón na súa carreira no equipo de Rauma:[8]
    • Pentti Jokinen: 1963
    • Jouni Rinne: 1976
    • Juha Riihijärvi: 1996
    • Pasi Saarela: 2005
  • Memorial Jarmo Wasama: outorgado anualmente dende 1972 ao mellor xogador debutante da tempada. Recibe o seu nome en honor ao xogador de Ilves Jarmo Wasama. Ao longo da súa historia, dous xogadores de Lukko fixéronse co galardón:[8]
    • Janne Grönvall: 1991
    • Joni Lehto: 1995
  • Trofeo Kalevi Numminen: entregado ao mellor adestrador da tempada. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e adestrador Kalevi Numminen. Tan só un adestrador de Lukko conseguiu o galardón ao longo da historia do equipo:[8]
    • Pekka Virta: 2021
  • Trofeo Lasse Oksanen: entregado ao mellor xogador durante a liga regular dende 1994. Leva o nome de Lasse Oksanen, nomeado mellor xogador do país en 1966. Dende a súa introdución, Tres xogadores de Lukko gañaron o trofeo.[8]
    • Juha Riihijärvi: 1996
    • Justin Danforth: 2020
    • Robin Press: 2021
  • Trofeo Jari Kurri: entregado anualmente ao mellor xogador durante os play-offs. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada 1993-94 e leva o nome do ex xogador Jari Kurri, considerado o mellor xogador finlandés da historia. Tan só un xogador de Lukko recibiu o gallardón:[8]
    • Eetu Koivistoinen: 2021
  • Trofeo Pekka Rautakallio: entregado anualmente dende 1978 ao mellor defensa. Recibe o nome do primeiro xogador que recibiu o galardón, Pekka Rautakallio. Tan só un xogador do equipo recibiu o galardón dende a súa introdución:[8]
    • Robin Press: 2021
  • Trofeo Raimo Kilpiö: entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. Leva o nome de Raimo Kilpiö, ex xogador de Ilves e da selección nacional. Dous xogadores do equipo teñen conseguido o trofeo:[8]
    • Teppo Rastio: 1956
    • Jari Laiho: 1980
  • Trofeo Urpo Ylönen: entregado anualmente dende 1978 ao mellor porteiro da tempada. O ex-porteiro Urpo Ylönen, nomeado mellor porteiro do Campionato do Mundo de 1970, dálle nome ao trofeo. Catro porteiros do equipo teñen alzado o trofeo:[8]
    • Jarmo Myllys: 1988
    • Petr Bříza: 1992
    • Boris Rousson: 1995
    • Lassi Lehtinen: 2021
  • Trofeo Veli-Pekka Ketola: outorgado anualmente dende 1934, antes da profesionalización da liga, ao xogador que máis puntos rexistrou ao longo da tempada. O trofeo leva o nome do ex xogador Veli-Pekka Ketola, internacional con Finlandia e nomeado mellor xogador finlandés en dúas ocasións (1974 e 1978). Un total de catro xogadores de Lukko conseguiron o galardón:[8]
    • Juha Riihijärvi: 1996
    • Perttu Lindgren: 2011
    • Ville Vahalahti: 2014
    • Justin Danforth: 2020
  • Trofeo Matti Keinonen: outorgado cada ano dende 1978 ao xogador máis efectivo (xogador co mellor rexistro plus/minus). . Recibe o nome do ex xogador e membro do Salón da Fama do hóckey sobre xeo finlandés Matti Keinonen. [8]
    • Harri Tikkanen: 2010
    • Anrei Hakulinen: 2021
Trofeos da Asociación de Xogadores
  • Kultainen kypärä (casco dourado): outorgado anualmente dende 1987 ao mellor xogador da SM-liiga por votación da Asociación de Xogadores. Tres xogadores de Lukko conseguiron este recoñecemento:[9]
    • Jarmo Myllys: 1988
    • Juha Riihijärvi: 1996
    • Justin Danforth: 2020
  • Trofeo Juha Rantasila: entregado por primeira vez en 2008, este trofeo é entregado ao defensor que máis goles anotou na tempada. Leva o nome do ex xogador nado en Pori Juha Rantasila. Dous xogadores do equipo conseguiron o galardón:[9]
    • Janne Niskala: 2015
    • Robin Press: 2021
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads