Naisten Liiga 2022-2023

40ª edición da Naisten Liiga From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A tempada 2022-2023 da Naisten Liiga foi a 40ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. A liga estará integrada por 10 equipos, que serán os mesmos que na tempada precedente coa excepción do descendido Vaasan Sport, ocupando o seu lugar Rauman Lukko. Pola súa banda Kiekko-Espoo defendeu o título conquistado nas dúas tempadas anteriores.

Datos rápidos

A liga regular comezou cunha dobre xornada disputada en Hämeenlinna, tanto no Pohjantähti Areena como no Metritiski-areena, durante os días 10 e 11 de setembro.

Ao final da tempada o HIFK proclamouse campión logo de derrotar nas series finais ao K-Espoo (3-0), mentres que o KalPa fíxose coa medalla de bronce logo de derrotar no partido polo bronce ao HPK (3-1).

Remove ads

Movementos na liga

Mudanzas na dirección da liga

O 9 de setembro a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo fixo público a través do seu sitio web que Aija Saha, quen xa fora directora de márketing da SM-liiga, pasaría a presidir a Naisten Liiga a partir do 1 de outubro dese mesmo ano substituíndo a Eeva Perttula, que fora a presidenta durante as catro tempadas anteriores e que decidiu abandonar a xestión da liga. Ao mesmo tempo sinalaba que o antigo director executivo de HIFK, Jukka Valtanen, sería o vicepresidente. A mudanza na xestión, encabezada agora por un dúo cunha ampla experiencia en márketing e coñecedora do deporte, foi ben recibida na Liiga, a liga profesional masculina do país nórdico, o seu presidente Harri Nummela sinalaba:[1]

Queremos que a Naisten Liiga dea unha serie de pasos cara adiante tanto dentro como fóra da pista. No futuro teremos aínda máis recursos para implementar medidas para mudar o rumbo.

Mudanzas nos corpos técnicos

Máis información Equipo, 2021–22 ...
Remove ads

Competición

Estrutura de competición

O 28 de abril de 2022 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunción que a 40ª edición da Naisten Liiga mudaría o modelo respecto da tempada precedente, e que esta estrutura se mantería na tempada 2023-24.[14] Deste xeito as divisións superior e inferior desapareceron e competición dividiuse nunha liga regular e os play-offs polo título ou liguiña pola permanencia:[15][16]

  • Na liga regular os dez equipos xogan unha cuádrupla volta entre eles, de xeito que cada equipo disputa un total de 36 partidos. Ao finalizar a liga regular os oito mellores clasificados xogan os play-offs pola Aurora Borealis Malja, mentres que os dous equipos restantes deben xogar pola permanencia fronte aos dous mellores equipos da Naisten Mestis.
  • Os play-offs polo título dispútanse en eliminatorias ao mellor de cinco encontros, coa excepción da medalla de bronce, que se decide a partido único. Pola súa banda, os dous peores equipos da liga regular xogan fronte aos dous mellores equipos da Naisten Mestis unha liguiña a dobre volta, na que os dous mellores clasificados disputarán a Naisten Liiga 2023-2024.

A liga regular comezou o 10 de setembro de 2022 coa disputa en Hämeenlinna das dúas primeiras xornadas, e finalizará o 19 de febreiro de 2023.[15]

Remove ads

Equipos participantes

Na tempada 2022-23 da Naisten Liiga tomaron parte na competición un total de dez equipos, que foron os mesmos protagonistas que na tempada precedente, coa excepción do Sport de Vaasa, que descendeu á Naisten Mestis e foi substituído polo Lukko, que ascendeu dende a segunda categoría.[17] Por rexións, a única que contou con máis dun representante foi a rexión de Uusimaa, con dous (HIKF e K-Espoo), o resto de equipos eran das rexións de Finlandia Propia, Laponia, Ostrobotnia do Sur, Ostrobotnia do Norte, Satakunta, Savonia do Norte, Tavastia Propia e Pirkanmaa.

Agás o Team Kuortane, un equipo feminino fundado en 2010 pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo e cuxas xogadoras viven e estudan no Kuortaneen urheilulukio, todos os equipos da liga comparten os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (HIFK, HPK, Ilves, KalPa, Kärpät, Lukko e TPS) ou a Mestis (K-Espoo e RoKi).

Máis información Nome, Cidade ...

Liga regular

A liga regular comezou cunha dobre xornada disputada en Hämeenlinna, tanto no Pohjantähti Areena como no Metritiski-areena, durante os días 10 e 11 de setembro. Os emparellamentos foron os seguintes:[21]

Máis información Hora, Estadio ...
Clasificación

Fonte: Leijonat.fi[37]

Máis información Pos., Equipo ...
Resultados
Máis información Liga regular, Data ...

Estatísticas das xogadoras

Líderes de anotación
Thumb
Michaela Pejzlova foi a máxima pontuadora e asistente da liga regular.

As seguintes dez xogadoras lideraron a liga regular en puntos.[38]

Máis información Xogadora, Equipo ...
Porteiras
Thumb
Tiina Ranne (KalPa) liderou as estatísticas das porteiras.

As seguintes porteiras lideraron a liga en porcentaxe de paradas.[39]

Máis información Xogadora, Team ...
Remove ads

Play-offs

 
Cuartos de finalSemifinaisFinal
 
          
 
 
 
 
1. HIFK 3
 
 
 
8. Kärpät 0
 
1. HIFK 3
 
 
 
4. HPK 0
 
4. HPK 3
 
 
 
5. Ilves 1
 
1. HIFK 3
 
 
 
3. K-Espoo 0
 
2. KalPa 3
 
 
 
7. TPS 0
 
2. KalPa 1
 
 
 
3. K-Espoo 3 Terceiro posto
 
3. K-Espoo 3
 
 
 
6. Kuortane 1
 
4. HPK 0
 
 
2. KalPa 1
 

Cuartos de final

HIFK (1) vs Kärpät (8)

25 de febreiro de 2023
14:30
HIFK 12 - 0
(3–0, 5–0, 4–0)
Kärpät Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 164
Máis información Referencia do partido ...

26 de febreiro de 2023
15:00
HIFK 8 - 0
(2–0, 4–0, 2–0)
Kärpät Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 116
Máis información Referencia do partido ...

1 de marzo de 2023
18:15
Kärpät 0 - 6
(0–1, 0–3, 0–2)
HIFK Raksila (Oulu)
Asistencia: 185
Máis información Referencia do partido ...
HIFK gaña a serie 3 - 0.

KalPa (2) vs TPS (7)

25 de febreiro de 2023
12:30
KalPa 4 - 1
(0–0, 2–1, 2–0)
TPS Niirala (Kuopio)
Asistencia: 89
Máis información Referencia do partido ...

26 de febreiro de 2023
14:30
TPS 4 - 5
(1–4, 2–0, 1–1)
KalPa Rajupaja Areena (Turku)
Asistencia: 60
Máis información Referencia do partido ...

1 de marzo de 2023
18:30
KalPa 4 - 3
(1–0, 2–1, 1–2)
TPS Niirala (Kuopio)
Asistencia: 122
Máis información Referencia do partido ...
KalPa gaña a serie 3 - 0.

K-Espoo (3) vs Kuortane (6)

25 de febreiro de 2023
13:00
K-Espoo 3 - 4
(1–0, 2–3, 0–1)
Team Kuortane Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 89
Máis información Referencia do partido ...

26 de febreiro de 2023
15:00
Team Kuortane 1 - 2 (OT)
(0–1, 1–0, 0–0)
(OT: 0–1)
K-Espoo Kuortaneen jäähalli (Kuortane)
Asistencia: 80
Máis información Referencia do partido ...

1 de marzo de 2023
19:10
K-Espoo 4 - 3 (OT)
(1–0, 0–1, 2–2)
(OT: 1–0)
Team Kuortane Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 152
Máis información Referencia do partido ...

4 de marzo de 2023
15:00
Team Kuortane 0 - 3
(0–1, 0–2, 0–0)
K-Espoo Kuortaneen jäähalli (Kuortane)
Asistencia: 80
Máis información Referencia do partido ...
K-Espoo gaña a serie 3 - 1.

HPK (4) vs Ilves (5)

25 de febreiro de 2023
14:00
HPK 5 - 0
(1–0, 2–0, 2–0)
Ilves Metritiski Areena (Hämeenlinna)
Asistencia: 160
Máis información Referencia do partido ...

26 de febreiro de 2023
14:45
Ilves 5 - 1
(2–0, 3–0, 0–1)
HPK Tesoman jäähalli (Tampere)
Asistencia: 125
Máis información Referencia do partido ...

1 de marzo de 2023
18:45
HPK 5 - 3
(2–0, 2–1, 1–2)
Ilves Metritiski Areena (Hämeenlinna)
Asistencia: 90
Máis información Referencia do partido ...

4 de marzo de 2023
12:00
Ilves 2 - 4
(1–0, 0–0, 1–4)
HPK Tesoman jäähalli (Tampere)
Asistencia: 100
Máis información Referencia do partido ...
HPK gaña a serie 3 - 1.

Semifinais

HIFK (1) vs HPK (4)

7 de marzo de 2023
19:00
HIFK 2 - 0
(0–0, 1–0, 1–0)
HPK Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 179
Máis información Referencia do partido ...

9 de marzo de 2023
18:45
HPK 1 - 6
(1–0, 0–0, 1–4)
HIFK Metritiski Areena (Hämeenlinna)
Asistencia: 150
Máis información Referencia do partido ...

11 de marzo de 2023
15:00
HIFK 6 - 2
(2–0, 2–1, 2–1)
HPK Tööllö 2 (Helsinqui)
Asistencia: 182
Máis información Referencia do partido ...
HIFK gaña a serie 3 - 0.

KalPa (2) vs K-Espoo (3)

8 de marzo de 2023
18:00
KalPa 2 - 3 (OT)
(1–2, 0–0, 1–0)
(OT: 0–1)
K-Espoo Niirala (Kuopio)
Asistencia: 161
Máis información Referencia do partido ...

9 de marzo de 2023
18:45
K-Espoo 2 - 3 (OT)
(1–1, 1–1, 0–0)
(OT: 0–1)
KalPa Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 86
Máis información Referencia do partido ...

11 de marzo de 2023
12:30
KalPa 1 - 2 (OT)
(1–1, 0–0, 0–0)
(OT: 0–1)
K-Espoo Niirala (Kuopio)
Asistencia: 158

12 de marzo de 2023
16:15
K-Espoo 2 - 0
(1–0, 1–0, 0–0)
KalPa Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 146
Máis información Referencia do partido ...
HPK gaña a serie 1 - 3.

Partido polo bronce

18 de marzo de 2023
12:00
KalPa 3 - 1
(1–1, 1–0, 1–0)
HPK Niirala (Kuopio)
Asistencia: 236
Máis información Referencia do partido ...

Finais

18 de marzo de 2023
16:30
HIFK 9 - 2
(2–1, 3–0, 4–1)
K-Espoo Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 274
Máis información Referencia do partido ...

19 de marzo de 2023
16:15
K-Espoo 0 - 4
(0–1, 0–2, 0–1)
HIFK Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 269
Máis información Referencia do partido ...

21 de marzo de 2023
18:00
HIFK 3 - 2
(1–1, 1–0, 1–1)
K-Espoo Tööllö (Helsinqui)
Asistencia: 1 311
Máis información Referencia do partido ...

Estatísticas das series

Xogadoras
  • Fonte: Leijonat.fi[40]
Máis información Xogadora, Equipo ...
Porteiras

Fonte: Leijonat.fi[41]

Máis información Xogadora, Equipo ...
Remove ads

Equipo campión

O equipo das HIFK que conquistou o campionato finlandés feminino na tempada 2022-23 estivo integrado polas seguintes xogadoras:[42]

Campión feminino de Finlandia
HIFK

Porteiras: Kiia Lahtinen, Lumi Jääskeläinen, Miia Vainio, Iina Kuusela, Sofia Haverinen

Patinadoras: Michaela Pejzlova, Julia Liikala, Emilia Vesa, Clara Rozier, Siiri Yrjölä, Sanni Vanhanen, Johanna Kemppainen, Athena Locatelli, Eveliina Kitula, Mikaela Saukkonen, Anni Pere, Nenna Mehtonen, Erica Korhonen, Sara Suhonen, Olivia Kylliäinen, Karoliina Rantamäki, Veera Huotari, Nellie Karlberg, Ilona Palin, Satu-Maaria Vihervuori, Nelly Andersson, Sara Kuuluvainen, Heidi Holmberg, Nathalie Karlberg, Emilia Malinen, Lotta Hintikka, Emma Andersson

Remove ads

Serie de clasificación

Os dous equipos peor clasificados da liga regular da Naisten Liiga (RoKi e Lukko) disputaron unha serie de clasificación cos dous mellores equipos da Naisten Mestis (os equipos da academia de HIFK e K-Espoo), unha liga a dobre volta de catro equipos, co cal cada equipo disputou seis encontros ao longo de tres fins de semana.[43]

As primeiras dúas xornadas disputáronse o 17 e o 18 de marzo. No primeiro partido as xogadoras de Rauma impuxéronse con claridade ás da academia de Espoo (9-0), mentres que as de Laponia derrotaron con máis apuros ás xogadoras do HIFK (3-2). Na segunda xornada o duelo entre os dous equipos que comezaron a tempada na Naisten Liiga decantouse do lado do RoKi (4-2), mentres que as xogadoras de Espoo impuxéronse ás capitalinas por 0-3.[43]

Na segunda fin de semana de competición as xogadoras do HIFK desquitáronse da derrota fronte ás súas veciñas na xornada anterior e impuxéronse 0-6 á academia de K-Espoo, e o día seguinte derrotaron tamén ás xogadoras do Lukko (4-5), o que estreitou as distancias entre ambos equipos por unha praza na máxima categoría. Pola súa banda RoKi continuou a súa imbatibilidade ao impoñerse na súa visita a Espoo, mais no seu regreso a Rovaniemi o día seguinte caeu na súa visita ao Lukko (3-2).[44]

RoKi chegou á última fin de semana de competición nunha posición privilexiada logo de conseguir nove puntos nos tres primeiros encontros e xa no penúltimo partido da tempada asegurou a súa permanencia logo de caer na prórroga fronte a K-Espoo Akatemia na casa (3-4). Aínda así o equipo finalizou a tempada cunha vitoria na capital (3-1), que lle deu posibilidades de permanencia a Lukko. As xogadoras de Rauma complicáronse a permanencia na xornada do sábado logo de caer nos shootouts fronte ás xogadoras do HIFK Akatemia (1-2), polo que as da capital conseguían situarse na segunda posición da táboa. No seu partido do domingo, a pesar de que as xogadoras de Espoo adiantáronse no marcador, e logo de igualar a contenda, dous goles de Aliisa Toivonen déronlle a vitoria e a permanencia ao equipo de Rauma.[45][46][47]

Clasificación

Fonte: Leijonat.fi[48]

Máis información Pos., Equipo ...
Máis información Liga regular, Data ...

Estatísticas da cualificación

Xogadoras
  • Fonte: Leijonat.fi[49]
Máis información Xogadora, Equipo ...
Porteiras

Fonte: Leijonat.fi[50]

Máis información Xogadora, Equipo ...
Remove ads

Premios

Thumb
A xogadora do KalPa Elisa Holopainen recibiu os premios á mellor xogadora por parte da Federación Finlandesa e por votación das xogadoras, así como o premio á mellor atacante e á máxima goleadora da liga regular. Holopainen foi elixida ademais xogadora do mes de novembro.

Xogadoras do mes

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads