Roelof Wunderink

From Wikipedia, the free encyclopedia

Roelof Wunderink
Remove ads

Roelof Wunderink nado en Eindhoven, Brabante do Norte o 12 de decembro de 1948 é un expiloto de carreiras holandés. Participou en seis Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1 co equipo Ensign, debutou o 27 de abril de 1975. Non logrou ningún punto de campionato.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Andaina nas carreiras

Wunderink comezou a súa carreira cun Simca en 1970 para trasladarse posteriormente a Formula Ford gañando o campionato holandés en 1972.[1] Co patrocinio da empresa de alarmas HB, trasladouse á Fórmula 3 e logo á Fórmula 5000 nas dúas tempadas seguintes. En 1975, co apoio de HB, moveuse á Fórmula 1 co equipo Ensign Racing, pero viuse prexudicado polo uso de maquinaria obsoleta e as lesións sufridas nun incidente nuhas probas da Fórmula 5000. En seis intentos, clasificouse en tres ocasións retirándose de dúas carreiras con problemas mecánicos. No seu único final, en Austria en 1975, non cualificou, quedou a catro voltas por detrás, logo de parar nos boxes para cambiar os pneumáticos.[1] Ao final da tempada, Wunderink retirouse do automobilismo de alto nivel.[1] Posteriormente sábese que estivo involucrado no negocio inmobiliario.[2]

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads