Gran Premio dos Estados Unidos de 1975

From Wikipedia, the free encyclopedia

Gran Premio dos Estados Unidos de 1975map
Remove ads

O Gran Premio dos Estados Unidos de 1975 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 5 de outubro de 1975 no circuíto de Watkins Glen. Foi a 14ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1975, e o 25º Gran Premio dos Estados Unidos desde o primeiro Gran Premio de América que se celebrou en 1908 e a 18º desde o primeiro Gran Premio dos Estados Unidos en Riverside de 1958.

Datos rápidos Nome oficial, Nome na lingua orixinal ...
Thumb
Niki Lauda gañou a carreira con Ferrari.

A carreira foi gañada polo novo campión do mundo, o piloto austríaco Niki Lauda pilotando un Ferrari 312T. Lauda logrou a súa quinta vitoria da tempada por unha marxe de catro segundos sobre o campión do mundo saínte, o brasileiro Emerson Fittipaldi no McLaren M23. O compañeiro de equipo de Fittipaldi o alemán Jochen Mass terminou terceiro. O segundo lugar permitiu a Fittipaldi confirmar a segunda posición no campionato logo dunha longa batalla durante a tempada co piloto arxentino de Brabham Carlos Reutemann, aínda que o equipo McLaren de Fittipaldi caería un punto por baixo do equipo Brabham, que quedou segundo na loita polo campionato de construtores detrás de Ferrari.

Remove ads

Sumario

Con oito poles, cinco vitorias, o campionato de pilotos e o campionato de construtores de 1975 no peto, Ferrari só tiña uns poucos asuntos pendentes en Watkins Glen, que foi unha vez máis a última carreira da tempada. Ningún dos coches "vermellos" gañara nunca o Gran Premio dos Estados Unidos. Tampouco ningún piloto gañara a carreira estadounidense no ano en que lograra o título. O campión por primeira vez Niki Lauda tiña algo que dicir sobre destas dúas "estatísticas", e de xeito convincente gañou a pole e a carreira.

Había rumores controvertidos no paddock antes de que empezase sequera a práctica. O Gran Premio do Canadá fora cancelado e os seus organizadores chegaran ao paddock cunha orde xudicial para conxelar o diñeiro do premio mediante disputas legais. Tamén houbo conflitos coa Asociación de Pilotos de Grandes Premios sobre os salarios e os gastos de transferencia. Por outra banda, Lord Alexander Hesketh lucía un amplo slogan na súa camiseta instando aos afeccionados a "Salvar as baleas".

A pista fora modificada para esta carreira ca incorporación da "chicane Scheckter" na parte inferior do outeiro agregando os eses. Logo do accidente mortal de François Cevert alí dous anos antes, a curva considerouse demasiado rápida. Chamouse así polo piloto de Tyrrell que o suxeriu, esperábase que a chicane engadise case cinco segundos nos tempos de volta, facendo inaccesible o 1:38.9 do ano anterior.

Lamentablemente, ao comezar a práctica, a estrela estadounidense en ascenso estaba ausente do circuíto. Mark Donohue resultara mortalmente ferido na práctica para o Gran Premio de Austria e John Watson substituíra Donohue no equipo Penske. Lauda foi o máis rápido desde o principio, mentres os pilotos afacíanse ó novo deseño. Vittorio Brambilla rexistrou o mellor tempo o venres, apenas 0´01 segundos mellor que Lauda, pero o austríaco montou no seu Ferrari de recambio (o seu coche oficial tiña unha vibración no motor) e bateu o tempo do March en case un segundo completo. O sábado, foi Emerson Fittipaldi, quen ocupou brevemente a pole con 1:42.360, pero Lauda respondeu ao seu desafío, poñendo fin á discusión cun 1:42.003. Carlos Reutemann, Jean-Pierre Jarier, Mario Andretti e Brambilla lograron o resto das seis primeiras posicións da grella.

O domingo, asollado e moi cálido, dous coches e un piloto víronse eliminados antes de chegar á grella. O Penske de Watson sufriu problemas eléctricos no quecemento da mañá. Mentres era remolcado, o equipo recuperou o coche de exhibición e preparouno para entrar na carreira. O equipo Williams desapareceu por completo cando o coche de Lella Lombardi tamén tivo unha falla eléctrica, e o seu compañeiro de equipo Jacques Laffite confundiu o quitamanchas do visor cas súas pingas para os ollos. Non foi nada grave, pero non puido participar na carreira. Decidida a converterse na primeira muller piloto en Riverside, Lombardi tratou de entrar no coche do francés, pero non encaixaba.

Thumb
Tom Pryce no Shadow DN5 durante a carreira.

Lauda liderou desde a saída e a través da nova chicane, seguido por Fittipaldi, Jarier, Brambilla, Reutemann e Andretti. Carlos Pace e Patrick Depailler saíron xuntos da pista na volta 2 cando Pace tratou de adiantar co seu Brabham ao Tyrrell ao final da recta de atrás. Depailler non o viu, e a colisión deixounos a ambos fóra da carreira.

A brecha entre o Ferrari de Lauda e o McLaren de Fittipaldi estableceuse en aproximadamente un segundo. Mass, que marchaba sexto, perdeu de súpeto tres postos con Andretti James Hunt e Ronnie Peterson cando accidentalmente apagou o seu motor. Na seguinte volta, con Jochen Mass agora xusto diante del, Clay Regazzoni rompeu o morro contra a roda traseira do McLaren e perdeu máis dunha volta mentres cambiou un novo. Na volta 10, o motor de Reutemann rompeu e a suspensión dianteira de Andretti cedeu. Isto deixou a Lauda e Fittipaldi doce segundos por diante de Jarier, que estaba cinco segundos por diante do grupo de Hunt, Brambilla, Mass, Peterson e Scheckter.

O compañeiro de Lauda, Regazzoni foi dobrado polos líderes na volta 18, logo da súa longa parada en boxes. Deixou pasar a Lauda, pero fixo todo o posible por conter a Fittipaldi. Regazzoni continuou desacelerando na chicane e ao longo de todo o circuíto, Fittipaldi sacudía o puño e os comisarios axitaron as súas bandeiras azuis durante seis voltas. Cando a bandeira azul converteuse en negra, Regazzoni finalmente permitiu o paso do brasileiro. Fittipaldi estaba agora 15 segundos por detrás de Lauda, Jarier retirouse, Brambilla caeu ao sétimo lugar debido a que zarandeábase a causa da rotura do soporte do asento e unha terrible batalla polo terceiro posto estaba no seu apoxeo entre Hunt, Mass, Peterson e Scheckter. Mass acosou a Hunt durante varias voltas, e foi capaz de adiantalo co Hesketh na volta 33. A falta de nove voltas para o final, Peterson tamén pasou a Hunt, que estaba loitando co seu cambio de marchas e o equilibrio dos freos. Apenas a tres voltas do final, Mass sentiu que os seus freos esvaecían e Peterson cheirou unha oportunidade de podio. Intentouo pasar ao McLaren, pero no intento, fíxolle un plano a seu pneumático dianteiro esquerdo na freada. O punto plano resultante fixo moi difícil a pilotaxe, e o freou o suficientemente para que Hunt recuperara o cuarto lugar na última volta.

Lauda permitiuse diminuír a súa vantaxe a pouco menos de cinco segundos na meta, e saboreou o clímax do seu primeiro Campionato. Dixo que non lle importaban os seus logros estatísticos como ser o primeiro campión do mundo e o primeiro piloto de Ferrari en gañar o Gran Premio dos Estados Unidos, pero preocupáballe non cobrar o diñeiro do premio.

Remove ads

Clasificación

Máis información Pos, Nº ...
  • Durante a carreira, Clay Regazzoni obstaculizou a Emerson Fittipaldi durante seis voltas, ata que a Regazzoni sacáronlle a bandeira negra, Fittipaldi tivo algunhas duras palabras para o piloto de Ferrari logo da carreira.
  • Esta foi a última carreira de Tony Brise e Embassy Racing con Graham Hill. Na noite do 29 de novembro de 1975,o dobre campión do mundo Graham Hill estaba pilotando unha avioneta Piper Aztec desde Francia a Londres. Os seus pasaxeiros eran o director do equipo Ray Brimble, o piloto Tony Brise, o deseñador Andy Smallman e os mecánicos Terry Richards e Tony Alcock. Regresaban do Circuíto de Paul Ricard onde estiveran probando o coche GH2 que estaban preparando para 1976. Debían aterrar no aeródromo de Elstree aeródromo antes de continuar a viaxe a Londres para asistir a unha festa. Pouco antes das 22:00, o avión estrelouse contra as árbores á beira dun campo de golf en Arkley n medio dunha espesa néboa. No choque e a explosión que seguiu, morreron todos os ocupantes.[1][2] Logo do accidente so quedaban o director deportivo adxunto e dous mecánicos. Era imposible continuar, polo que o equipo pechouse.[3][4]
Remove ads

Posicións logo da carreira

Máis información Pos, Piloto ...
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados das primeiras 7 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1975
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1975
Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1976
Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1974
Gran Premio dos Estados Unidos Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1976

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads