Rosa Maria Sardà
actriz e humorista catalá From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Rosa Maria Sardà Tàmaro, nada en Barcelona o 30 de xullo de 1941 e finada en Barcelona o 11 de xuño de 2020, foi unha actriz, humorista, presentadora e directora teatral catalá. Comezou como actriz cómica, rexistro que nos últimos anos combinou co de intérprete dramática en castelán e en catalán.
Remove ads
Traxectoria
Rosa Maria pertence a unha familia de persoas do espectáculo: estivo casada co tamén actor Josep Maria Mainat, membro do trío cómico La Trinca, e é irmá máis vella do xornalista Xavier Sardà.[1] Ten tres irmáns máis novos, un deles, faleceu por causa da sida nos anos 1980.[2] Ten un fillo actor, Pol Mainat,[3] co que coincidiu en Abuela de verano.
De formación autodidacta, empezou a facer teatro de afeccionados no barrio de Horta. En 1962 pasou ao teatro profesional, á compañía de Dora Santacreu e Carlos Lucena, coa obra Cena de matrimonios, de Alfonso Paso e, desta mesma compañía, pasou á de Alejandro Ulloa e, posteriormente, tamén á de Pau Garsaball, coa obra En Baldiri de la Costa.
Con posterioridad, deu o salto no campo televisivo (en 1975, protagoniza Una vella, coneguda olor, baseada na obra de Josep Maria Benet, e 1979 presenta o programa Festa amb Rosa Maria Sardà) e o cinematográfico (con El vicario de Olot, de Ventura Pons).
Salientou no cinema nos últimos anos da década de 1980, época na que participou en filmes como Moros y cristianos (1987), de Luis García Berlanga,[1] e en programas para televisión en España como Olé tus vídeos e Ahí te quiero ver, onde ademais de presentar, elaborou e supervisou os guións e dirixiu e interpretou os diferentes sketchs,[4] e fixo o seu debut como directora de teatro con Ai carai! (1989), comedia do dramaturgo Josep Maria Benet.[5]
Na década de 1990 traballou con Fernando Colomo en El efecto mariposa, con Ventura Pons en Carécies e Amic/Amat, con Francesc Betriu en La duquesa roja e con Fernando Trueba en La niña de tus ojos, sendo candidata ao Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria, premio que gañaría dúas veces por ¿Por qué lo llaman amor cuando quieren decir sexo?, de Manuel Gómez Pereira, e Sin vergüenza, de Joaquín Oristrell.[6]
Ademais, ten sido mestra de cerimonias dos Premios Goya en tres ocasións, en 1993, 1998 e 2001 e reapareceu como presentadora ao final da Gala de 2009 e 2010.
Nos últimos anos a súa carreira ten estado máis ligada ao teatro, onde salientan varios papeis como o da doutora Vivan Bearing en Wit (2004), de Margaret Edson e n'A casa de Bernarda Alba (2009), de Federico García Lorca, interpretando o papel de Poncia xunto a Núria Espert.
Con todo, seguiu participando en filmes tan recoñecidos como Todo sobre mi madre (1999) de Pedro Almodóvar, Te doy mis ojos (2003) de Icíar Bollaín e Ocho apellidos catalanes (2015) de Emilio Martínez-Lázaro.
Remove ads
Filmografía
Cinema
- El vicario de Olot (1980)
- La ràdio folla (1986)
- Moros y cristianos (1987)
- Un submarí a les tovalles (1990)
- Rateta, rateta (1990)
- Ho sap, el ministre? (1991)
- ¿Por qué lo llaman amor cuando quieren decir sexo? (1992)
- La fiebre del oro (1993)
- El cianuro... ¿solo o con leche? (1993)
- Escenas de una orgía en Formentera (1994)
- Enciende mi pasión (1994)
- L'enfonsament del Titanic (1994)
- Alegre ma non troppo (1994)
- Suspiros de España y Portugal (1995)
- Pareja de tres (1995)
- El efecto mariposa (1995)
- La duquesa roja (1996)
- Actrius (1996)
- Siempre hay un camino a la derecha (1997)
- Grandes ocasiones (1997)
- Carícies (1997)
- Airbag (1997)
- Mátame mucho (1998)
- La niña de tus ojos (1998)
- Amic/Amat (1998)
- Todo sobre mi madre (1999)
- Anita no pierde el tren (2000)
- Torrente 2, misión en Marbella (2001)
- Sin vergüenza (2002)
- El viaje de Carol (2002)
- El embrujo de Shanghai (2002)
- Dos tipos duros (2002)
- Deseo (2002)
- A mi madre le gustan las mujeres (2002)
- Te doy mis ojos (2003)
- Vete de mí (2006)
- Chuecatown (2007)
- Barcelona (un mapa) (2007)
- Rivales (2008)
- La vida empieza hoy (2010)
- Maktub (2011)
- Any de Gràcia (2012)
- Rey gitano (2015)
- Ocho apellidos catalanes (2015)
Teatro
Lista incompleta[7]
- Duet per a violí (1982)
- Yo me bajo en la próxima, ¿y usted? (1982)
- Madre Coraje y sus hijos (1986)
- Wit (2004-2006)
- Tres dramolette (2007)
- A casa de Bernarda Alba (2009)
- Sagarra dit per Rosa M. Sardà (2011-2012)
- Dubte (2012)
Televisión
- El coleccionista de ruidos, do espazo Novela (1969)
- La mujer del cementerio, do espazo Escritores en televisión (1971)
- La segunda receta, do espazo Sospecha (1973)
- El castillo de Merret, do espazo Ficciones (1973)
- La nariz, do espazo Ficciones (1973)
- El castillo de Rackrent, do espazo Ficciones (1974)
- Dinero del purgatorio, do espazo Original (1975)
- La esfinge furiosa, do espazo Teatro estudio (1978)
- La dama de las camelias, do espazo Estudio 1 (1978)
- Prohibido suicidarse en primavera, do espazo Estudio 1 (1981)
- La noche de los cien pájaros, do espazo Estudio 1 (1981)
- Ahí te quiero ver (1984)
- Olé tus vídeos (1991)
- Villa Rosaura (1994)
- Las amargas lágrimas de Petra von Kant, do espazo Estudio 1 (2001)
- Una pareja abierta, do espazo Estudio 1 (2002)
- Majoria absoluta (2004)
- Abuela de verano (2005)
- Dues dones divines (2011)
Remove ads
Premios e candidaturas
- Premios da Unión de Actores
- Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos
- Premios da Academia da Televisión de España
- Premios Butaca
- Festival do Cinema de España de Tolosa
- Outros premios e candidaturas
- Gañadora do Premio Memorial Margarida Xirgu (1979-1980), por Rosa i Maria e El balcó.
- Gañadora do Premio de Cinematografía da Generalitat de Cataluña (1993), por La fiebre del oro.
- Polo seu papel en Anita no pierde el tren, Sardà gañou os premios a seguir:
- Premio do Festival Internacional de Cine de Comedia de Peñíscola (2001).[16]
- Premio do Festival de Cine Hispano de Miami (2001).
- Premio do Festival Internacional de Cine de Mar del Prata de 2001: Mención Especial.
- Candidata aos Premios Zapping (2005), por Abuela de verano.
- Candidata aos Premios Valle Inclán de Teatro (2009), por A casa de Bernarda Alba.
- Premios pola súa traxectoria
- Premio Creu de Sant Jordi (1994), da Generalitat de Cataluña.
- Premio de Honra (2007), do Festival de Cinema en Valencià.
- Premio do Zinegoak do País Vasco (2007).
- Premio San Pancracio (2007), do Festival Solidario de Cine Español de Cáceres.
- Premio Málaga (2009), do Festival de Cine Español de Málaga.[17]
- Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2009).
- Medalla de Ouro da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España (2010).[18]
- Premio Actúa (2012), da Fundación AISGE.[19]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads