Sociedad Deportiva Eibar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Sociedad Deportiva Eibar (en éuscaro: Eibar Kirol Elkartea) é un club de fútbol vasco da cidade de Éibar, en Guipúscoa. Fundouse en 1940 e xoga na Segunda División. Trátase do equipo que máis anos consecutivos permaneceu na Segunda División de España, cun total de 18. Na tempada 2013–14 conseguiu, por primeira vez na súa historia, o ascenso a Primeira División, logo de ascender o ano anterior de Segunda División B.
É o primeiro club de fútbol de España que conta co certificado de calidade UNE-EN-ISO 9001.
Remove ads
Uniforme
- Uniforme titular: camiseta a raias verticais azuis e granates, pantalón azul, medias azuis.
- Uniforme alternativo: camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
Estadio
- Artigo principal: Estadio Municipal de Ipurua.
O estadio onde xoga o Eibar é o Estadio Municipal de Ipurua, con capacidade para 8.164 espectadores. Foi inaugurado en 1947 e as súas dimensións son de 103 x 65 metros.
Desde que se puxo a primeira pedra en 1946, Ipurua sufriu varias reformas, a última inaugurada o 3 de febreiro de 2006.
Datos do club
- Tempadas en 1ª: 7
- Tempadas en 2ª: 27 (Incluída a 2021/22)
- Tempadas en 2ªB: 6
- Tempadas en 3ª: 28
- Mellor posto na liga: 9º na Primeira División (2017-18).
- Máximo goleador nunha tempada: Joseba Llorente (18 goles na tempada 2004-05)
- Porteiro menos goleado: 3 Trofeos Zamora da Segunda División.
Tempada a tempada
Xogadores
- Categoría principal: Categoría:Xogadores do SD Eibar.
Cadro actual
- Actualizado a 28 de agosto de 2019.
Remove ads
Palmarés
Filial
- Artigo principal: Sociedad Deportiva Eibar B.
O Éibar conta cun equipo filial, o Eibar B, que milita no Grupo IV da Terceira División.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads