Segunda división española 1990/91

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A tempada 1990–91 da Segunda División de España de fútbol corresponde á 60º edición do campionato. Disputouse do 1 de setembro de 1990 ao 9 de xuño de 1991. O Albacete Balompié proclamouse campión por primeira vez na súa historia, logrando así debutar en Primeira División.

Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Remove ads

Sistema de competición

A Segunda División de España 1990/91 foi organizada pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP).

Como en tempadas precedentes, constaba dun grupo único integrado por vinte clubs de toda a xeografía española. Seguindo un sistema de liga, os vinte equipos enfrontáronse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decidiuse por sorteo antes de empezar a competición.

A clasificación final estableceuse con arranxo aos puntos obtidos en cada enfrontamento, a razón de dous por partido gañado, un por empatado e ningún en caso de derrota. Os mecanismos para desempatar a clasificación, se ao finalizar o campionato dous equipos igualaban a puntos, foron os seguintes:

  1. O que tivese unha maior diferenza entre goles a favor e en contra nos enfrontamentos entre ambos.
  2. Se persiste o empate, o que tivera maior a diferenza de goles a favor e en contra en tódolos encontros do campionato.

En caso de empate a puntos entre tres ou máis clubs, os sucesivos mecanismos de desempate previstos polo regramento foron os seguintes:

  1. A mellor puntuación da que a cada un corresponda a tenor dos resultados dos partidos xogados entre si polos clubs implicados.
  2. A maior diferenza de goles a favor e en contra, considerando unicamente os partidos xogados entre si polos clubs implicados.
  3. A maior diferenza de goles a favor e en contra tendo en conta tódolos encontros do campionato.
  4. O maior número de goles a favor tendo en conta tódolos encontros do campionato.

Efectos da clasificación

O equipo que máis puntos sumou ao final do campionato foi proclamado campión de Segunda División e obtivo, xunto ao segundo clasificado, o ascenso directo a Primeira División para a próxima tempada. O terceiro e cuarto clasificado disputaron unha promoción de ascenso contra os clasificados nos postos 17º e 18º de Primeira División.

Pola súa parte, os catro últimos equipos de Segunda descenderon a Segunda B, sendo substituídos a próxima tempada polos gañadores da fase de ascenso de dita categoría.

Remove ads

Equipos

Clubs participantes e estadios

Tomaron parte na competición vinte equipos. Esta tempada debutaron dous equipos na categoría: o Orihuela Deportiva e o Real Avilés Industrial, aínda que este último xa xogara en Segunda, como Avilés CF, antes de fusionarse en 1983 co CD Ensidesa.

Thumb
Los Arcos foron o escenario do histórico e fugaz paso do Orihuela Deportiva pola Segunda División.

Adestradores

Máis información Equipo, Adestrador ...

Cambios de adestradores

Máis información Equipo, Adestrador (xornadas) ...
Remove ads

Clasificación final

Máis información Pos, Equipo ...

X = Partidos Xogados; G = Partidos Gañados; E = Partidos Empatados; P = Partidos Perdidos; GF = Goles Anotados; GC = Goles Recibidos; DG = Diferenza de Goles; Pts = Puntos

1 O Orihuela Deportiva foi descendido á Segunda División B por impagos, sendo substituído de cara a seguinte campaña polo Barcelona B por ser o mellor clasificado da promoción de ascenso de Segunda B a Segunda.

Posicións por xornada

Máis información Equipo / Xornada ...

Eliminatoria de promoción

Partidos de ida:
Murcia 0–0 Zaragoza
Málaga 1–0 Cádiz
Partidos de volta:
Zaragoza 5–2 Murcia Total: 5–2
Cádiz 1–0 Málaga Total: 1–1 // Penaltis: 5–4
Remove ads

Trofeo Pichichi

Trofeo que outorga o Diario Marca ao máximo goleador da Segunda División.

Máis información Posto, Xogador ...
Remove ads

Véxase tamén

Bibliografía

  • Martínez Calatrava, Vicente (2002). Historia y estadística del fútbol español. Del Mundial'82 a la final española de París (1982-2000). Fundación Zerumuga. ISBN 84-607-5767-6.

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads