Samir Hadji

futbolista marroquí From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Samir Hadji, nado o 2 de setembro de 1989 en Creutzwald, Mosela (Lorena) é un futbolista profesional franco-marroquí que xoga na posición de dianteiro no CS Fola Esch da BGL Ligue, máxima categoría do fútbol luxemburgués. É fillo do exfutbolista internacional Mustapha Hadji.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Hadji comezou a súa carreira xogando para o club da súa cidade natal: o SR Creutzwald. En 2007 marchou cara a Alemaña asinando co 1. FC Saarbrücken da Oberliga, a quinta categoría do fútbol alemán. Despois de dous anos Hadji volveu a Francia asinando cun dos ex-equipos do seu pai, o AS Nancy. Alí pasou dos anos xogando no equipo do Campionato de Francia afeccionado, onde xogou 59 partidos para marcar 18 goles, antes de asinar polo RC Strasbourg en xullo de 2010. Hadji debutou como profesional o 30 de xullo de 2010 en encontro da Coupe de la Ligue contra o Évian, saíndo de titular e xogando os 120 minutos do encontro, no que o seu equipo foi eliminado por 5-4 na rolda de penaltis. En 2012 asinaría polo CS Fola Esch de Luxemburgo, con quen gañaría a liga na tempada 2012-13. Desde o 7 de xaneiro de 2015 está adestrando co Club Deportivo Lugo da Liga Adelante.

Clubs

Máis información Club, Categoría ...
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads