Santo Ourente de Entíns, Outes

parroquia civil do concello de Outes From Wikipedia, the free encyclopedia

Santo Ourente de Entíns, Outesmap
Remove ads

Santo Ourente de Entíns é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 622 habitantes (271 homes e 351 homes) distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.001 habitantes.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Remove ads

Patrimonio

Thumb
Ara votiva de Banzas.

No lugar de Banzas atopouse unha ara votiva romana, conservada no Museo do Pobo Galego.

Nesta parroquia celébrase a romaría do Mal Cativo, na honra de san Campio. Tamén se venera a Santo Ourente, o seu patrón.

Durante o século XX, foi un dos máis importantes centros produtores dos chamados "sancosmeiros", feitos por mulleres, que os vendían nas feiras da Serra de Outes e de Noia, principalmente, pero antigamente tamén na Picota, en Mazaricos. Na actualidade é un símbolo que os veciños levan con orgullo, chegando a ser na década de 2010 o deseño da asociación veciñal Xente de Santo Ourente.

Remove ads

Lugares e parroquias

Lugares de Santo Ourente de Entíns

Lugares da parroquia de Santo Ourente de Entíns no concello de Outes (A Coruña)

Banzas | O Brenzo | Buíste | Cabana Moura | Os Casais | A Costiña | O Cotro | O Cruceiro | O Curro | Diz | A Esfarrapa | O Formigueiro | Galteiros | Guende | Lavacolla | Lugar de Arriba | Mosteiro | Mourelos | Os Muíños | Oroña | Ousesende | O Piñeiro | A Poza | Quintenla | Sacido | Sarnón | A Seara | O Valado | Valeixo | O Vilar

Parroquias de Outes

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Outes

Cando (San Tirso) | Entíns (Santa María) | O Freixo de Sabardes (San Xoán) | Matasueiro (San Lourenzo) | Outes (San Pedro) | Roo (San Xoán) | San Cosme de Outeiro (San Cosme) | Santo Ourente de Entíns (Santo Ourente) | Tarás (San Xián) | Valadares (San Miguel)

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads