Shabazz Muhammad

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Shabazz Muhammad
Remove ads

Shabazz Nagee Muhammad, nado o 13 de novembro de 1992 en Long Beach (California), é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Shanxi Brave Dragons da Chinese Basketball Association (NBA).

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria profesional

O 16 de abril de 2013, Muhammad declarou a súa intención de presentarse ó Draft da NBA de 2013.[1] Muhammad foi elixido na 14ª posición do Draft polos Utah Jazz, pero os seus dereitos foron posteriormente traspasados ós Minnesota Timberwolves xunto á 21ª elección, Gorgui Dieng, a cambio da 9ª elección, Trey Burke.[2]

O 5 de xaneiro de 2014, Muhammad foi asignado ós Iowa Energy da NBA Development League.[3] En catro partidos con Iowa, acadou 24.5 puntos e 9.8 rebotes por partido, cunha porcentaxe de 57.1% de tiros de campo. O 13 de xaneiro, foi chamado de volta polos Timberwolves.

O 15 de setembro de 2017, asinou un novo contrato cos Timberwolves.[4] O 1 de marzo de 2018 foi cortado polos Timberwolves.[5]

O 4 de marzo de 2018, Muhammad asinou cos Milwaukee Bucks.[6]

Remove ads

Estatísticas

Tempada regular

Máis información Tempada, Equipo ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads