Silicon Graphics
From Wikipedia, the free encyclopedia
Silicon Graphics, Inc. (agora SGI ou Silicon Graphics International, historicamente coñecida como Silicon Graphics Computer Systems ou SGCS) foi unha empresa estadounidense de solucións informáticas de alto rendemento, incluíndo hardware e software. Era coñecida polas súas estacións de traballo de alto rendemento, que tiveron unha grande importancia no ámbito multimedia.
Silicon Graphics | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | negocio e empresa | ||
Forma xurídica | corporación de Delaware | ||
Personalidades | |||
Fundador/a | James H. Clark (pt) , Charles Kuta (pt) , Kurt Akeley, David J. Brown (pt) e Abbey Silverstone (en) | ||
Actividade | |||
Industria | hardware | ||
Produtos
| |||
Entidades | |||
Entidades subsidiarias
| |||
Data | |||
Fundación | 9 de novembro de 1981 | ||
Disolución | maio de 2009 | ||
Localización | |||
País | Estados Unidos de América | ||
Sede | Sunnyvale e Mountain View | ||
Lugar de formación | California | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | sgi.com | ||
Redes | |||
[ Wikidata ] |
Características

Foi o creador do sistema operativo IRIX, que funciona en máquinas cun procesador MIPS.
Os seus recursos tecnolóxicos foron empregados na produción de efectos visuais para a película Jurassic Park, de Steven Spielberg, e na produción do hardware para o videoxogo Nintendo64 de Nintendo.
Unha das películas máis coñecidas nas que se utilizaron ordenadores de Silicon Graphics foi Twister, onde os tornados creados artificialmente destruían silos de grans artificiais.
A estación de traballo Fuel de SGI pódese combinar con equipos de ultrasóns para crear imaxes tridimensionais do cerebro dos fetos mentres aínda están no útero da nai. As imaxes teñen unha excelente nitidez e precisión.
A sede da SGI estaba en Sunnyvale, California; foi orixinalmente constituída como unha corporación de California en novembro de 1981, e reincorporouse como unha corporación de Delaware en xaneiro de 1990. En maio de 2006, SGI solicitou protección por quebra baixo o Capítulo 11, Título 11 do Código dos Estados Unidos. En 2009 anunciou a venda dos seus activos a Rackable Systems,[1] un acordo finalizado o 11 de maio de 2009, con Rackable asumindo o nome de "Silicon Graphics International".
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.