Softengine
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Softengine é unha banda de rock adolescente formada en Seinäjoki en Finlandia, que conseguiu representar a Finlandia no Festival de Eurovisión 2014[1] coa canción "Something Better"[2].
Remove ads
Carreira musical
2011-2013: Formación e inicios
A banda formouse na cidade finlandesa de Seinäjoki, no verán de 2011, na casa dos avós do cantante, compositor e guitarrista Topi Latukka. Chegaron ao seu cúmio no verán do 2013, despois de escribir multitude de cancións, practicando, dando concertos e tras o éxito recollido pola banda nalgunhas competicións.
2013-2014: Festival da Canción de Eurovisión
O 10 de decembro de 2013, anunciouse que Softengine sería un dos participantes de Uuden Musiikin Kilpailu, a preselección finlandesa para Eurovisión. O 11 de xaneiro de 2014 presentaron a súa canción coa cal pretendían representar ao país titulada 'Something better', cousa que conseguiron o 1 de febreiro de 2014, impoñendose ao resto de competidores. Presentaron o vídeo

coa versión definitiva da canción o 21 de marzo de 2014[3].
Durante o sorteo das semifinais tocoulle actuar na segunda destas, na 8ª posición, acadando nesta a terceira posición cun total de 97 puntos e clasificándose así para a gran final do concurso o 10 de maio. Nesta última actuou na posición número 18, e quedou na clasificación final na posición número 11, cun total de 72 puntos. Actualmente están traballando no seu primeiro álbum.
Remove ads
Discografía
Sinxelos
Remove ads
Álbums
We Created the World
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads