Festival de Eurovisión 2014
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O LIX Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar os días 6, 8 e 10 de maio de 2014 no B&W Hallerne, na cidade de Copenhaguen, Dinamarca trala vitoria deste país na edición do 2013 coa canción "Only teardrops" de Emmelie de Forest. O festival celebrouse no B&W Hallerne, un vello estaleiro que foi reconvertido en sala de concertos, situado na illa de Refshaleøen.
37 países participaron no evento como representantes de cadeas de televisión nacionais pertencentes a Unión Europea de Radiodifusión. Bulgaria, Chipre, Croacia e Serbia anunciaron a súa retirada temporal a partir desta edición. Ademais, a Polonia e Portugal volveron á competición tras un hiato. O lema do festival foi "Join Us" (Únete a nós en galego). Finalmente alzouse coa vitoria a canción Rise like a phoenix da austríaca Conchita Wurst.
Un acontecemento importante desta edición foi a asistencia da familia real dinamarquesa durante as semifinais e a final do sábado, asistindo en calidade de invitados. Entre os asistentes estiveron o príncipe herdeiro á coroa Federico de Dinamarca e a princesa María, ambos en compañía dos seus fillos.[13][14][15]
Remove ads
Organización
Sede do festival
Segundo confirmou a televisión danesa DR o 20 de maio de 2013, dous días despois de gañar o festival, as cidades de Copenhaguen, Herning e Aarhus xa presentaran inicialmente a súa candidatura para ser sede do evento. Pero esta última decidiu retirala para dar o seu apoio oficial a Herning. O 22 de maio as cidades de Aalborg e Fredericia tamén anunciaron o seu interese por albergar o festival, a ambas as dúas uniuse Horsens ao día seguinte.
Finalmente, o 2 de setembro de 2013, a emisora DR anunciou oficialmente que Copenhaguen sería a cidade sede do festival, sendo B&W Hallerne na illa de Refshaleøen o recinto onde se celebrarán as tres galas, polo que se levarán a cabo diversas reformas no antigo complexo industrial para o seu acondicionamiento. En palabras de Pernille Gaardbo, produtora executiva do Festival, toda a illa transformarase na denominada "Illa de Eurovisión", onde delegacións, prensa e fans poderán estar xuntos. Cabe destacar que Copenhaguen celebrou o Festival de Eurovisión con anterioridade en dúas ocasións: en 1964 e en 2001. Ademais, foi sede do especial 50 aniversario do Festival no ano 2005
Remove ads
Países participantes
O día 9 de xaneiro saíu a primeira lista oficial de participantes, no que Eslovenia deixaba no aire a súa participación. O día 17 de xaneiro confírmase a participación de Eslovenia, pechando así a lista de participantes do 2014.
En xullo de 2013, a canle pública de Luxemburgo, a RTL, confirma que non regresará ao festival polo escaso presuposto que ten este. Posteriormente, en setembro de 2013, Eslovaquia anuncia a través do seu twitter oficial que, por segundo ano consecutivo ausentaríanse no festival. Do mesmo modo, a RTVA de Andorra anunciou que non regresaría ao festival debido a razóns económicas. Mentres, a 1 FLTV de Liechtenstein informou que non tiña plans de debutar en Eurovisión debido a que aínda non son membros activos da UER. Días despois, Marrocos anunciou que de momento non teñen intención de volver ao festival, pero non descartan a idea de volver algún día. Posteriormente, a canle TMC de Mónaco confirmou que este ano tampouco tiñan intención de volver ao festival. Da mesma maneira a emisora ČT da República Checa descartou a posibilidade de retornar a esta edición.
O 14 de setembro de 2013, o director xeral da emisora TRT de Turquía, Ibrahim Sahin, anunciou que o seu país non pretende regresar ao festival mentres non se realicen cambios ao actual sistema de votación, tal como a eliminación dos xurados nacionais e do Big 5, polo que ata que iso non aconteza descarta un posible retorno. O 19 de setembro de 2013, a televisión HRT de Croacia anunciou a súa retirada do festival tras 21 aparicións ininterrompidas. Semanas despois a televisión CyBC de Chipre anunciou a súa retirada do certame debido aos recortes de presuposto que sufriu a canle pola crise financeira do país. De igual maneira, durante varias semanas a emisora RTS de Serbia levou a cabo diferentes reunións a fin de encontrar patrocinadores que fagan viable su participación, non obstante, non logrou concretarse polo que tiveron que anunciar o seu retiro. Situación parecida aconteceu con Bulgaria e Bosnia e Hercegovina, que se ben nun primeiro momento confirmaron como probable a súa asistencia tiveron que desistir argumentando os altos custos da cota de participación e os recortes financeiros á cadea BNT e BHRT respectivamente.
Cancións e seleccións
Artistas que regresan
Valentina Monetta - 2012, 2013, 2014
Paula Seling & Ovi - 2010
Remove ads
Sorteo de Semifinais
O 24 de novembro de 2013, os organizadores do festival decidiron que Suecia e Noruega participasen en semifinais diferentes, para así poder asegurar unha dispoñibilidade de entradas para os países veciños. Un sorteo realizado nas oficinas da UER en Xenebra, Suíza determinou que Suecia actuase na primeira semifinal e Noruega o fixese na segunda semifinal. Posteriormente, decidiuse que Israel participase na segunda semifinal pola coincidencia da primeira cunha festividade relixiosa. Ao resto de países asignaráselles a súa semifinal nun sorteo que se celebrou o 20 de xaneiro de 2014. Neste determinarase tamén a aparición do país, é dicir, se actúan na primeira ou segunda metade das súas respectivas semifinais. Para iso os seis bombos e as semifinais quedaron dispostos do seguinte xeito:
Festival
Cambio de regras para o xurado
O 20 de setembro de 2013 a UER fixo pública unha nova normativa en vigor a partir desta edición, a cal foi aprobada por unanimidade por todos os seus membros como polo Grupo de Referencia do Festival. Segundo o novo ordenamento, os nomes de todos os membros que compoñerán cada xurado nacional daranse a coñecer o 1 de maio, antes do Festival. Así mesmo, a UER publicará a clasificación e votación final presentada por cada membro individual dos xurados nacionais unha vez remate a gran final. Deste xeito, coñeceranse tanto os resultados analizados da votación do xurado, coma os do televoto en cada país. Por outro lado, os profesionais da industria musical que vaian formar parte do xurado, só poderán formar parte deste sempre e cando non fosen xa membros integrantes durante unha das dúas edicións anteriores á presente. Estes cambios, introducidos tras distintas acusacións de manipulacións na votación na edición de 2013, implantáronse, en palabras de Jon Ola Sand, Supervisor Executivo do Concurso, "co fin que os países participantes estean seguros da transparencia do certame e para que os espectadores e os afeccionados saiban que se fará todo o posible para asegurar un resultado xusto, estes cambios mostran que o Festival de Eurovisión é unha tradición en constante evolución, que continúa adaptándose ao espírito dos tempos que corren.
Semifinais
A primeira semifinal realizarase o 6 de maio de 2014 e a segunda o 8 de maio de 2014. Os dez clasificados de ambas as dúas semifinais uniranse na Final ao país anfitrión (Dinamarca) e ao Big 5 (Alemaña, España, Francia, Italia e o Reino Unido)
Semifinal 1
Semifinal 2
Final
Comentaristas
Australia - Julia Zemiro e Sam Pang (SBS)
Bélxica - Jean-Louis Lahaye (TV francesa, La Une)
Francia - Natasha Saint-Pier e Cyril Feraud (France 3)
Países Baixos - Cornald Mass e Jan Smit
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads