Solanina
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A solanina é un Glucoalcaloide tóxico (Número CAS 20562-02-1) de sabor amargo que responde á fórmula elemental C45H73NO15. Está formado por un alcaloide, a solanidina, e por unha cadea lateral dun carbohidrato: Solanid-5-en-3β-il-O-α-L-ramnopiranosil-(1→2)- O-β-D-glucopiranosil-(1→3)-β-D-galactopiranósido. Atópase de modo natural en follas froitos e tubérculos dalgunas plantas das solanáceas[1] (por exemplo, a pataca e o tomate). Considérase que as plantas a sintetizan para protexerse dos predadores[2].

Remove ads
Intoxicación
A intoxicación por solanina caracterízase por alteracións gastrointestinais (diarrea, vómito, dor abdominal) e neurolóxicas (alucinacións, dor de cabeza etc.)[3]. A dose tóxica é de 2–5 mg por quilogramo de peso corporal.
Os síntomas maniféstanse ás 8-12 horas trala inxestión. Basta cunha cocción adecuada para desnaturalizala e evitar os seus efectos, que ocorren tanto en humanos como en animais. O tratamento da intoxicación inclúe a administración de fluídos e outras medidas farmacolóxicas.[4]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads