Susana Sanches Arins
profesora, escritora e crítica literaria galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Susana Sanches Arins, nada en Vilagarcía de Arousa o 11 de maio de 1974, é unha profesora, escritora e crítica literaria galega.
Remove ads
Traxectoria
É licenciada en Filoloxía hispánica e filoloxía portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce a docencia no Ensino Secundario Obrigatorio. É membro da plataforma de crítica feminista A Sega e presidenta da organización non gobernamental Implicadas no Desenvolvemento.[1] Colabora co xornal dixital Praza Pública.[2]
Obra
Poesía
- [de]construçom (2009). Culleredo: Espiral Maior. 66 páxs. ISBN 9788492646104.
- Aquiltadas (2012).[3] Estaleiro.
- A noiva e o navio (2012). Santiago: Através Editora.
- Carne da minha carn,e 2018). Santiago: Apiario.
Narrativa
- seique (2015). Santiago: Através Editora. Foi traducida ao castelán.[4] (2ª ed. 2020). ISBN 9788416545360.
- Cinco corujas (2023). Santiago: Através Editora. 100 páxs. ISBN 978-84-16545-88-9
Poesía / Narrativa
- Tu contas e eu conto 2018). Santiago: Através Editora. 168 páxs. ISBN 9788416545230.
- Arte menor (2025). Acentral Folque. 90 páxs. ISBN 9791399011548. Prosa poética.[5]
Obras colectivas
- Letras nómades. A mobilidade feminina na literatura galega, 2014, Frank & Timme.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
- 1975-2015 Moncho Reboiras Vive!, 2015, Arredista Edicións.
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
- Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza, 2017, Através.
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
Remove ads
Premios
- XXI Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé, no 2008, por [de]construçom.
- Votado como o mellor poema editado en 2018 no certame aRitmar de 2019.[6]
- Premio Libreiros de Madrid ao mellor libro de ficción 2019.[7]
- Premio de Narrativa na V Gala do Libro Galego (2020) pola 2º ed. revisada de seique.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads