Tatto

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Tatto (ou Tato ou Tatón) foi rei dos longobardos entre aproximadamente o 500 e o 510.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Traxectoria

Fillo de Claffo e membro da dinastía letinga, Tatto nos primeiros anos do século V guiou os longobardos no desprazamento desde a Baixa Austria ao "Feld" (o Marchfeld, rexión comprendida entre Viena e Bratislava). Probabelmente tratouse dun movemento migratorio imposto polos hérulos, poderoso pobo xa había tempo situado naquela área do Nórico e que impoñían tributo aos longobardos.

Xuntos no Feld, porén, Tatto guiou a revolta do seu pobo contra os Hérulos e, na sanguenta batalla que tivo lugar no 508, venceu e matou en combate ao seu homólogo hérulo, Rodolfo. A derrota dos Hérulos significou a desaparición deste pobo da historia; os longobardos de Tatto, polo contrario, emerxeron como nova potencia local: apoderáronse do tesouro dos vencidos, reforzaron o exército englobando guerreiros doutras tribos xa sometidas aos hérulos (ou os mesmos hérulos superviventes) e ocuparon unha vasta área en torno ao curso medio do Danubio. Durante séculos os longobardos conservaron memoria deste momento (na súa Origo gentis Langobardorum) como punto de inflexión da súa historia.

Sobre o ano 510 un sobriño de Tatto, Wacho, rebelouse contra o seu tío, prendeuno e usurpou o trono.

Remove ads

Véxase tamén

Bibliografía

Máis información Reino longobardo ...
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads