Teatro isabelino

From Wikipedia, the free encyclopedia

Teatro isabelino
Remove ads

O teatro isabelino é o período do renacemento do teatro profesional secular en Inglaterra, que comeza coa apertura do primeiro teatro comercial, The Theatre, en Londres, e remata co primeiro incendio no teatro de Shakespeare, The Globe.

Thumb
Otelo e Desdémona, inspirados no Otelo de Shakespeare
Thumb
Romeo e Xulieta, pintura de Ford Madox Brown

Desta época son grandes nomes da dramaturxia inglesa, como o xa mencionado William Shakespeare, Christopher Marlowe, Thomas Kyd ou Ben Jonson.

Gran parte deste tempo Isabel I reinou en Inglaterra. Foi unha época politicamente conflitiva, internamente con tensións entre anglicanos e católicos, con fortes censuras aos bardos do eisteddfod galés,[1] externamente co desenvolvemento da guerra anglo-española coa dinastía filipina, e socialmente influenciada polo humanismo europeo.

Asóciase tradicionalmente coa figura de William Shakespeare (1564 - 1616). Outros autores destacados foron Francis Beaumont, Thomas Kyd e Christopher Marlowe.

Remove ads

Características

Os autores ingleses interesáronse pola produción de Italia e a través dela accederon á cultura clásica, que dinamizou o teatro recuperando os modelos grecolatinos de traxedia e comedia e achegando novas temáticas ás obras da época, con regusto mitolóxico.

A innovación inglesa foi darlle máis realismo aos personaxes, o que os achegou ao pobo, xa que o teatro era un espectáculo de masas e interclasista.

Tratábase dun teatro aberto e autoirónico. Os actores tiñan que falar "entre liñas" como público, dándolle a volta ao personaxe que interpretaban e creando unha distancia irónica que se utilizará despois no teatro de Bertolt Brecht. Os dramaturgos isabelinos crearon o concepto de "teatro dentro do teatro", como se aprecia na obra Hamlet, en que o personaxe principal contrata actores para volver a representar o asasinato do seu país diante do presunto asasino que acaba confesando a súa culpa. Foi un recurso paralelo ao da "novela dentro da novela" que aparece no Quixote e precursor do "cine dentro do cine" e do "teatro dentro do cine".

O éxito do teatro isabelino débese ao número de obras representadas e ás relacións sociais establecidas durante as funcións, onde o texto teatral primaba sobre o vestiario ou o decorado.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads