Telescopio Espacial Spitzer
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O telescopio espacial Spitzer, anteriormente coñecido como Space Infrared Telescope Facility e o seu acrónimo SIRTF, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 25 de agosto de 2003 mediante un foguete Delta 7920H desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][4]
Remove ads
Características
O telescopio Spitzer pertence ao Programa de Grandes Observatorios da NASA xunto co telescopio espacial Hubble, o telescopio espacial Chandra de raios X e o desaparecido observatorio espacial Compton de raios gamma.[2][3][4]
Spitzer ten unha apertura de 0,85 m de diámetro e tres instrumentos arrefriados crioxenicamente con helio líquido para facer observacións no rango de lonxitudes de onda do infravermello, en concreto entre 3 e 180 micrómetros. O observatorio está estabilizado nos tres eixos e emprega un sistema de apuntado inercial celeste. Consta dun bus octogonal e un panel solar que protexe o tubo do telescopio, que é de tipo Ritchey-Chrétien. O observatorio ten un tamaño total de 4,45 m de alto e 2,11 m de diámetro. Está nunha órbita solar de tal modo que segue á Terra na súa órbita.[2][3][4]
O rango infravermello no que traballa Spitzer é adecuado para o estudo das propiedades físicas dos obxectos do Sistema Solar, das nubes de po circumstelares, para a busca de ananas marróns, o estudo infravermello de galaxias e para facer medicións de cuásares. Spitzer estendeu ademais os estudos do observatorio espacial IRAS relativos a estrelas en formación.[2][3][4]
Remove ads
Instrumentos
Spitzer leva tres instrumentos a bordo:[2][3][4]
- Unha cámara infravermella de catro canais (3,6, 4,5, 5,8 e 8 micrómetros).
- Un fotómetro con tres detectores para 24, 70 e 160 micrómetros, un dos cales ademais pode tomar espectros nun rango de entre 50 e 100 micrómetros.
- Un espectrógrafo capaz de facer espectroscopía de alta e baixa resolución a lonxitudes de onda de entre 5 e 40 micrómetros.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads