Terry Reid
músico británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Terry Reid, nado en Huntingdon, Inglaterra, o 13 de novembro de 1949 e finado o 5 de agosto de 2025, foi un cantante e guitarrista inglés. Vocalista principal da banda The Jaywalkers, que en 1966 acompañou os Rolling Stones no concerto que deron no Royal Albert Hall.
Jimmy Page convidou a Terry Reid a ser o cantante principal dun novo grupo que estaba a formar (New Yardbirds), pero Reid rexeitou a invitación porque tiña unha xira programada como abreconcertos de Cream. Os New Yardbirds foron a orixe de Led Zeppelin. Máis tarde tamén foi convidado a ser o cantante principal de Deep Purple e, de novo, debido a que tiña outros compromisos, non aceptou.
Remove ads
Traxectoria
Terry Reid foi cualificado por Aretha Franklin como “un dos tres grandes” da escena inglesa xunto aos Rollings e os Beatles e eloxiado por Robert Plant como o mellor intérprete da súa xeración.[1] Aos 17 anos xa abría concertos para The Rolling Stones e, con só 18, editaba os primeiros discos baixo a produción de Mickie Most. En 1968 rexeitou a oferta de Jimmy Page para liderar o proxecto que acabaría sendo Led Zeppelin (recomendou no seu lugar a Plant e John Bonham) e pouco despois declinou substituír a Rod Evans en Deep Purple. A súa carreira persoal seguiu un rumbo propio: desde o soul-rock inicial até o folk-jazz de The River (1973) e o aclamado Seed Of Memory (1976), continuou gravando e colaborando con nomes como Jackson Browne, Bonnie Raitt ou Joe Perry.[1]
Aínda que nunca acadou o éxito comercial dos grupos aos que renunciou, Reid mantivo unha reputación de culto polos seus directos intensos e a súa versatilidade vocal. Após superar unha cirurxía cardíaca en 2022, preparaba dous novos álbums e escribía as memorias que narrarían a súa “formación” na escola de Keith Richards e Keith Moon, proxecto que Johnny Depp agardaba levar ao cine. Tiña previsto dar unha xira europea, mais problemas de saúde derivados dun tratamento contra o cancro obrigárono a cancelala; faleceu o 5 de agosto de 2025, aos 75 anos.[1]
Remove ads
Discografía
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
