Titanfall
videoxogo de 2014 From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Titanfall é un videoxogo multixogador de tirador en primeira persoa desenvolvido por Respawn Entertainment e publicado por Electronic Arts. Foi lanzado para Microsoft Windows e Xbox One o 11 de marzo de 2014. Unha versión para Xbox 360 foi adaptada por Bluepoint Games e foi estreado o 8 de abril de 2014. Titanfall creou moita expectativa e volveuse un dos xogos máis agardados do ano, xa que era o primeiro título creado por algúns dos ex-produtores da exitosa serie Call of Duty.
En Titanfall, os xogadores controlan “pilotos” e os seus Titáns de estilo-"robot", nun escenario de guerra de colonias espaciais en xogos de seis contra seis. O xogo foi optimizado para ter unha fluidez rápida, axudando ó xogador con varias habilidades como a posibilidade de correr polas paredes e as poboacións de soldados controlados pola intelixencia artificial (IA). Nun único xogo poden estar até cincuenta personaxes, e a actividade que non é dada polo xogador é cargada polos servizos de computación na nube de Microsoft, mellorando así o desempeño gráfico local. O equipo de produción comezou a traballar no título no 2011, e o concepto Titán medrou dende un tamaño humano até o exoesqueleto do tamaño du tanque de batalla. O equipo quería con iso levar os elementos de "escala, verticalidade e historia"[1] para o xénero multixogador, algo tradicionalmente reservado ás campañas para un xogador. O procecto de 65 persoas sacou inspiración de Blade Runner, Star Wars, Abrams Battle Tank e Masamune Shirow de Ghost in the Shell.
O 12 de marzo de 2015 foi anunciada unha secuela, Titanfall 2, que será producida para PC, Xbox One e PlayStation 4.[2][3]
Remove ads
Recepción
Gañou máis de 60 galardóns durante a súa estrea oficial durante a E3 de 2013, incluíndo o récord de seis Premios E3 Critics e ‘Mellor do Evento’ por varias xornais especializados. Tamén gañou varios na Gamescom e no Tokyo Game Show. De acordo coa páxina de críticas agregadas Metacritic, Titanfall recibiu análises "xeralmente favorables".[4] Os críticos eloxiaron o equilíbrio no deseño, a arma ‘Smart Pistol’, a mobilidade, e a acessibilidade doada para os xogadores de todos os tipos de habilidades neste xénero. As críticas foron máis dirixidas á campaña, á IA e á falta de modos de xogo para o multixogador. Os críticos consideran que o xogo evoluciounou con éxito o xénero tirador en primeira persoa,[13][14][15] ó mesmo tempo que afirmaron que non deu aquilo que debía tendo en conta a expectativa que xerara.[16][12][7] Un éxito comercial, en outubro de 2015 Titanfall xa superara a marca das 10 milllóns de unidades vendidas.[17]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads