Toni Branca

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Antonio Branca nado en Sion, Suíza o 15 de setembro de 1916, e finado en Sierre, Suíza o 10 de maio de 1985 foi un piloto de carreiras de Suíza, competiu en tres carreiras do campionato do mundo. A súa andaina nas carreiras de motor foi financiada supostamente por unha admiradora Condesa belga, a Vizcondesa de Walkiers.[1][2] Branca competiu nun Maserati 4CLT.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Andaina nas carreiras

Branca fixo o seu debut na Fórmula 1 no Gran Premio de Suíza de 1950, acabando o undécimo, e liderou brevemente a carreira de Fórmula 1 fóra de campionato no Circuíto das Nacións en Xenebra nun Simca-Gordini.[3] Anotou unha serie de posicións no top seis noutras carreiras menores, o seu mellor final foi un cuarto posto nunha carreira da fórmula dúas no Aix les Bains Circuit du Lac,[2][4] antes de participar no Gran Premio de Bélxica de 1950 e terminar en 10º lugar. Branca seguiu competindo en 1951, retirándose no Gran Premio de Alemaña de 1951 1 e terminando sexto na carreira fóra de campionato do Gran Premio de Pescara,[3][5] pero terminou de competir en Grandes Premios a finais de ano.[3]

Branca competiu nun nivel máis baixo ata mediados dos anos 50, competindo en subidas de montaña[1] e participou dúas veces na carreira das 24 horas de Le Mans.[2] Correu cun Moretti 750cc, en 1955 o coche non estaba listo e non puido ser levado á liña de saída no momento do inicio, e en 1956 o coche rompeuse antes da súa quenda detrás do volante.


Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads