Tulcea
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Tulcea (en búlgaro, ruso, e en ucraíno: Тулча, Tulcha; en turco: Hora-Tepé o Tolçu) é unha cidade de 73.707 habitantes (2011) situada na rexión de Dobruia en Romanía. É a capital do condado de Tulcea. Situada as beiras do río Danubio.
Remove ads
Historia
Tulcea fundouse no século VIII a.C, baixo o nome de Aegyssos, mencionada por Diodoro.
Ovidio menciónaa en "Epistulae ex Ponto", e dicía que o seu nome procedía do seu fundador, os dacios chamados "Carpyus Aegyssus".
No século I, Aegyssos/Aegyssus foi conquistada polos romanos, que debían establecer unha base para a frota romana que defendera a fronteira do nordeste do imperio, consolidándoo con murallas e torres altas (as ruínas de defensa seguen sendo visibles).
Tras a división do Imperio Romano, quedou baixo o dominio do Imperio bizantino (séculos IV e VI), polo Imperio búlgaro (678-c.1000; 1185-século XIV),[1][2][3][4] por Génova dos (séculos X- XIII), e formo parte do goberno local de Dobruia de Balik (Balica), Dobrotitsa (Dobrotici), e, por un espazo breve de tempo despois de 1390, gobernada polo príncipe Mircea cel Batrân de Valaquia.
No 1416 foi conquistada polo Imperio Otomán, e concedida a Romanía, xunto co resto de Dobruia, en 1878. Arredor 1848, Tulcea seguía sendo unha cidade pequena, séndolle concedido o status de cidade no 1860, cando convertese en capital da provincia.
Remove ads
Xeografía
O Delta do Danubio ocupa a maior parte da provincia, sendo actualmente a reserva da biosfera máis grande da Unión Europea[5][6], existe unha gran cantidade de aves entre elas unha especie de pelicano, que figura no escudo del Delta. A actividade principal é a pesca, e existe o estaleiro de Aker que ocupa á gran parte da poboación.
Demografía
Segundo o censo de 2011, a poboación de Tulcea é de 66,644 habitantes. A maior parte dos indíxenas búlgaros deixaron a cidade en 1941 por mor do Tratado de Craiova
Cidades irmandadas
Tulcea está irmandada con:
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads