Tyler Hoechlin

actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Tyler Hoechlin
Remove ads

Tyler Lee Hoechlin, nado en Corona (California) o 11 de setembro de 1987, é un actor estadounidense que conseguiu o papel protagonista xunto con Tom Hanks no filme Road to Perdition (2002) como Michael Sullivan Jr. Na televisión é recoñecido polo seu papel como Martin Brewer en 7th Heaven.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Hoechlin é fillo de Lori e Don Hoechlin. Comezou a actuar con nove anos de idade. A súa actuación en Road to Perdition levouno a conseguir o papel de Martin Brewer na exitosa serie 7th Heaven no 2003

Hoechlin foi nomeado para un premio como nova estrela masculina no ano 2004. No 2008 interpretou a Nick no filme Solstice. Tamén será o protagonista da serie da MTV Teen Wolf e actuou nun episodio de Castle na súa segunda tempada. En 2011 protagonizou xunto a Owen Wilson e Christina Applegate o filme Carta branca.

Hoechlin é, asemade, xogador de béisbol. Comezou a xogar con sete anos de idade e anteriormente estivo no cadro de Arizona State University e o Battle Creek Bombarderos da Liga Northwoods. No 2008 xogou dentro do cadro do UC Irvine Anteaters.

Remove ads

Filmografía

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads