Road to Perdition
filme de 2002 dirixido por Sam Mendes From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Road to Perdition é un filme estadounidense dirixido por Sam Mendes que se estreou no 2002. O guión foi adaptado por David Self dende Road to Perdition de Max Allan Collins. Está protagonizado por Tom Hanks, Paul Newman, Jude Law e Daniel Craig. A historia ten lugar en 1931, durante a Gran Depresión, e conta como un membro da mafia e o seu fillo buscan vinganza polo asasinato do resto da súa familia.
Remove ads
A rodaxe tivo lugar na área de Chicago. Mendes, que fixera había pouco tempo o aclamado American Beauty (1999), conseguiu unha historia cun diáologo mínimo que transmitise a emoción a través das imaxes. O fotógrafo Conrad L. Hall empregou o ambiente para crear un simbolismo para o filme, polo cal gañou varios premios, incluíndo un Oscar póstumo á mellor fotografía. O filme explora diversos temas, como as consecuencias da vinganza e as relacións paternofiliais.
Foi estreado o 12 de xullo de 2002, e acadou unha recadación de máis de $180 millóns en todo o mundo.[1] A fotografía, a ambientación e as interpretacións de Hanks e Newman foron moi ben acollidos pola crítica.
Remove ads
Sinopse
Nos escuros anos da Gran Depresión, Michael Sullivan é un asasino a soldo que se debate entre a lealdade inquebrantable ó seu xefe, o señor Rooney, e a súa propia familia. Son tempos duros en Rock Island, onde a mafia irlandesa impón a súa lei. A Lei Seca segue estando vixente e os gánsteres como Al Capone están no cumio do poder.
Personaxes
- Tom Hanks como Michael Sullivan, home que traballa para John Rooney.
- Tyler Hoechlin como Michael Sullivan. Hoechlin foi escollido entre 2,000 candidatos para interpretar o fillo de Michael Sullivan.
- Paul Newman como John Rooney, o xefe do crime, que trata a Michael Sullivan como se fose o seu propio fillo. Newman foi unanimamente escollido para este papel
- Jude Law como Harlen Maguire, un fotógrafo de escenas de crimes que tamén é un asasino.
- Daniel Craig como Connor Rooney, o inestable e violento fillo de John Rooney.
- Stanley Tucci como Frank Nitti, un subordinado de Al Capone. Tucci xa ten interpretado papeis en filmes de gangster, recreando o estereotipo de Hollywood de que tódolos italoamericanos son gangsters. O actor, atraído pola idea de traballar con Mendes, aceptou o papel de Nitti, un gangster real de Chicago.[2]
- Jennifer Jason Leigh como Annie Sullivan, a muller de Michael Sullivan.
- Liam Aiken como Peter Sullivan, o fillo máis novo de Michael Sullivan.
- Dylan Baker como Alexander Rance.
- Ciarán Hinds como Finn McGovern, o home asasinado por Connor Rooney.
- Anthony LaPaglia como Al Capone, o famoso xefe do crime.[3] Só sae nas escenas eliminadas da versión en DVD.[4]
Remove ads
Galardóns
- 2002: Oscar á mellor fotografía. 6 nomeamentos.
- 2002: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor actor secundario (Paul Newman).
- 2002: 2 premios BAFTA: Mellor fotografía, deseño de produción. 3 nomeamentos.
- 2002: Nomeada ó León de Ouro no Festival de Venecia: Mellor director (Sam Mendes).
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads