Ugíjar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ugíjar é un concello español da provincia de Granada.[1]
Remove ads
Xeografía
Limita ao norte cos termos municipais de Válor e Nevada, ao leste con Nevada e Alcolea, ao sur con Alcolea e Murtas e ao oeste con Alpujarra de la Sierra e Cádiar. O termo municipal está integrado polo núcleo principal, Ugíjar, coas súas pedanías de Las Canteras e Los Montoros.
Demografía
Segundo o INE, no ano 2024 tiña unha poboación de 2.561 habitantes.

Historia
Ugíjar aparece mencionada por primeira vez no século XI nas crónicas de Al-Udri. Elévase ao rango de cidade en 1493.[3] O título concedeullo expresamente pola raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena por Decreto do 1 de maio de 1884.[4] A partir do ano 1972 incorporouse o municipio de Cherín e en 1977 o de Jorairátar.
Cultura
Patrimonio
Destaca a Igrexa da Virxe do Martirio, do século XVI, erixida colexiata no ano 1501 por bula do papa Inocencio VIII, por petición dos Reis Católicos, e que foi suprimida no ano 1842, quedando reducida a igrexa parroquial.[5] A portada conserva elementos mudéxares.[3]
O Centro de Patrimonio Cultural de la Alpujarra, na praza dos Caños, é un espazo museístico do patrimonio agroindustrial e da arquitectura tradicional.[3]
Gastronomía
Entre os pratos de caza é de salientar a perdiz en escabeche. Son afamados os xamóns. Unha das súas receitas máis orixinais leva un mollo con olivas e bacallau. Tamén son coñecidos os turrón e os viños artesáns da bodega Dominio Buenavista.[3]
Remove ads
Política e goberno
A corporación municipal, após as Eleccións Municipais de 2015, está composta por 11 concelleiros (4 do PP e 7 do PSOE). O socialista Federico López Maldonado é o actual alcalde.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads