Verrucomicrobios
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os verrucomicrobios ou Verrucomicrobia (ou Verrucomicrobiota) son un filo de bacterias recentemente descrito. Este filo contén só unhas poucas especies descritas; un exemplo é Verrucomicrobium spinosum, un microbio cunha morfoloxía que lembra ás verrugas, a partir do cal o filum recibiu o seu nome (pero non son causantes da formación de verrugas). As especies identificadas foron illadas da auga doce, do solo e das feces humanas, e considéranse abundantes e importantes nos solos agrícolas e forestais. Identificáronse varias especies que aínda non se puideron cultivar asociadas con hóspedes eucariotas, como ectosimbiontes de protistas e endosimbiontes de nematodos, que viven nos seus gametos.
Presentan unha ou varias prolongacións (prostecas) con forma de apéndices verrugosos. A súa parede ten proteoglicano. Divídense simetricamente por fisión. Son aerobias facultativas que respiran ou fermentan azucres. A ultraestrutura celular é peculiar e case única entre os procariotas (só parecida á de Planctomycetes), xa que a célula está dividida por membranas en varios compartimentos: un compartimento grande chamado pirelulosoma alberga ao nucleoide condensado e aos ribosomas e está rodeado por unha membrana intracitoplasmática; o outro compartimento é o parifoplasma, libre de ribosomas e situado entre a membrana intracitoplasmática e a membrana plasmática.[1]
Este filo considérase que ten dous filos irmáns: Chlamydiae e Lentisphaerae.[2]
Cavalier-Smith postulou que os Verrucomicrobia pertencen ao clado Planctobacteria do gran clado Gracilicutes. Datos do ARNr 16S apoian esta idea.[3]
Recentemente foi secuenciado o xenoma completo de Methylacidiphilum infernorum (2,3 Mbp). No seu único cromosoma circular, foron preditas 2473 proteínas, 731 das cales non teñen homólogos detectables. Estas análises tamén revelaron moitas posibles homoloxías coas Proteobacteria.[4] [5]
Remove ads
Filoxenia
- Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.
O cladograma mostra a taxonomía actualmente aceptada deste grupo baseado na LSPN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [6] e a filoxenia está baseada nos datos do ARNr 16S da LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree.[7]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
♠ Cepas que se encontran no NCBI (National Center for Biotechnology Information) pero non na LSPN.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads