Vespula
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Vespula é un xénero de insecto himenóptero da suborde dos apócritos, superfamilia dos vespoideos, familia dos véspidos, unha das comprendidas na subfamilia dos vespinos.
As súas especies son avespas eusociais de ampla distribución no hemisferio norte. Xunto coas do taxon relacionado, Dolichovespula, adoítanse chamar colectivamente co nome de avespa común.
As especies de Vespula teñen un espazo óculo-malar curto e unha tendencia máis pronunciada a facer niños subterráneos que as do xénero Dolichovespula.[1]
Remove ads
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1869 polo entomólogo sueco Carl Gustaf Thomson,[2] na súa obra Opuscula Entomologica 1.[3]
Etimoloxía
O nome científico Vespula está fomado polo xénero Vespa coa adición do sufixo do latín científico -ŭla, indicando "pequena".[4]
Sinónimos
Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamán polos sinónimos:[3]
- Allovespula Bluthgen, 1943
- Pseudovespa Schmiedeknecht, 1881
- Rugovespula Archer, 1982
Especies
- Vespula acadica (Sladen, 1918)[5]
- Vespula akrei Landolt, 2010
- Vespula alascensis Packard, 1870[6]
- Vespula arisana (Sonan, 1929)
- Vespula atropilosa (Sladen, 1918)[5]
- Vespula austriaca (Panzer, 1799)
- Vespula consobrina (Saussure, 1854)[5]
- Vespula flaviceps (Smith, 1870)
- Vespula flavopilosa Jakobson, 1978[5]
- Vespula germanica (Fabricius, 1793)[5]
- Vespula inexspectata Eck, 1991
- Vespula infernalis (de Saussure, 1854)[5]
- Vespula ingrica Birula, 1931
- Vespula intermedia (du Buysson, 1904–05)[5]
- Vespula kingdonwardi Archer, 1981
- Vespula koreensis (Rad., 1887)
- Vespula maculifrons (Buysson, 1905)
- Vespula nursei Archer, 1981
- Vespula orbata (Buysson 1902)
- Vespula pensylvanica (Saussure, 1857)[5]
- Vespula rufa (Linnaeus, 1758)
- Vespula rufosignata Eck, 1998
- Vespula shidai Ish., Yam., Wagn., 1980
- Vespula squamosa (Drury, 1770)
- Vespula structor (Smith, 1870)
- Vespula sulphurea (Saussure, 1854)[5]
- Vespula vidua (de Saussure, 1854)[5]
- Vespula vulgaris (Linnaeus, 1758)
Remove ads
Especies destacadas
Dúas especies europeas, Vespula germanica e Vespula vulgaris convertéronse en especies invasoras porque foron introducidas accidentalmente en Norteamérica, África austral, Nova Zelandia, Australia oriental e Suramérica.
Galería de imaxes
- Anatomía
- Vespula acadica
- Vespula germanica
- Vespula vulgaris voando
- Detalle da cabeza de Vespula vulgaris
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads