Vespula vulgaris
especie de insecto From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Vespula vulgaris é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos apócritos, superfamilia dos vespoideos, familia dos véspidos, subfamilia dos vespinos, unha das comprendidas no xénero Vespula.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1758 por Linneo baixo o nome de Vespula vulgaris.[1]
Etimoloxía
Para a do xénero, ver Vespula.
O epíteto específico, vulgaris, Linneo tomouno do latín clásico vulgāris, -e, "común".
Sinónimos
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Vespa communis de Saussure, 1857
- Vespa mixta Schenck, 1853
- Vespa pseudogermanica Stolfa, 1932
- Vespa sexcincta Panzer, 1799
- Vespa vulgaris Linnaeus, 1758 (protónimo)
- Vespa westwoodi Shipp., 1893
Remove ads
Características


Vespula vulgaris é unha avespa eusocial que constrúe o seu niño de papel en ou sobre unha estrutura capaz de soportalo. Unha raíña fundadora busca unha árbore oca, ou unha cavidade dunha parede, fenda de rocha ou incluso un burato feito por mamíferos para construír o niño. O ciclo das colonias ten unha duración de aproximadamente 6-11 meses, e cada ciclo de colonias produce ao redor de 3 000 a 8 000 larvas.[Cómpre referencia]
A extraordinaria capacidade de adaptación de V. vulgaris permítelle vivir nunha ampla gama de hábitats, desde áreas moi húmidas até ambientes artificiais como xardíns e estruturas humanas. Esta especie, xunto con outras especies de avespa como Vespula germanica, impactaron nos ecosistemas, especialmente nos de Nova Zelandia e Australia, onde foron importadas polos humanos, e con frecuencia causan danos nos cultivos froiteiros e poñen en perigo aos humanos.[2]
As obreiras adultas de V. vulgaris miden uns 12-17 mm desde a cabeza até a punta final do abdome,[3] e unha masa corporal de 84,1 ± 19,0 mg.[4] mentres que a raíña mide uns 20 mm de longo. Ten cores aposemáticas negras e amarelas; bandas pronotais amarelas, que son case paralelas entre si, e puntos e aneis negros no abdome. As raíñas e as obreiras son moi similares a Vespula germanica, excepto cando se ven de fronte, xa que a cara de V. vulgaris carece dos tres puntos negros de V. germanica. En cambio, ten só unha marca negra no seu clípeo, que adoita ter forma de áncora ou de puñal. Isto refírese só ás raíñas e ás obreiras. Ademais, a identificación desta especie pode ser difícil porque a marca negra do seu clípeo ás veces pode parecer rota, facéndoa de novo parecer a V. germanica.[5]
Aínda son máis difíciles de distinguir os machos de ambas as especies os machos. Case indetectábel a simple vista, a única identificación dos machos de V. vulgaris é buscar as distintas formas das puntas do edeago,[6] e os procesos laterais dos seus xenitais.[2]
Remove ads
Distribución e hábitat
Vespula vulgaris é unha especie paleártica.[7] Encóntrase nunha ampla gama de países, incluíndo o Reino Unido, Alemaña, a India, e a China. É unha especie invasora en Nova Zelandia,[8] Australia e Suramérica.[5]. Até 2010 pensábase que tamén estaba en Norteamérica, pero os datos moleculares e morfolóxicos mostraban que os exemplares identificados como V. vulgaris en Norteamérica eran Vespula alascensis, que antes se considerara un sinónimo taxonómico, pero agora considérase unha especie separada.[7]
V. vulgaris ten alta capacidade de adaptación en diferentes ambientes. Prolifera na maioría dos tipos de hábitats, incluíndo praderías, bosques naturais e artificiais, terras arbustivas e incluso en zonas urbanas, como xardíns, hortas e edificios. Porén, require que a temperatura sexa moderadamente cálida, porque a súa actividade de forraxe depende da temperatura (por riba de 2 °C).[9]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads