Vogal anterior
tipo de son vocálico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Unha vogal anterior ou palatal é un son vocálico que se articula adiantando a lingua cara ós incisivos e achegándoa ó padal duro. Acusticamente, son orais, agudas e sostidas, e caracterízanse porque o seu segundo formante é superior a 1800 Hz, fronte ás vogais centrais e posteriores, cuxo segundo formante ten unha frecuencia máis baixa.
- Véxase tamén: Alfabeto Fonético Internacional e Consoante.
Onde os símbolos aparecen en parellas,
o da dereita representa unha vogal redondeada.
o da dereita representa unha vogal redondeada.

O AFI identifica once vocais anteriores:
- A vogal pechada anterior non redondeada [i]
- A vogal pechada anterior redondeada [y]
- A vogal case pechada semianterior non redondeada [ɪ]
- A vogal case pechada semianterior redondeada [ʏ]
- A vogal semipechada anterior non redondeada [e]
- A vogal semipechada anterior redondeada [ø]
- A vogal semiaberta anterior non redondeada [ɛ]
- A vogal semiaberta anterior redondeada [œ]
- A vogal case aberta anterior non redondeada [æ]
- A vogal aberta anterior non redondeada [a]
- A vogal aberta anterior redondeada [ɶ]
Remove ads
Véxase tamén
Bibliografía
- Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega I: fonética e fonoloxía. Vigo: A Nosa Terra. p. 65-69. ISBN 978-84-8341-060-8.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads