Voo 447 de Air France
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O voo 447 da compañía Air France, un Airbus A330, con orixe en Río de Xaneiro e destino a París, tivo o 1 de xuño de 2009 un accidente no océano Atlántico. Estando prevista a súa chegada ó aeroporto Charles de Gaulle ás 11:10, os radares perdéronlle o rastro horas antes.
Remove ads
Desaparición
Medios oficiais brasileiros declararon que o avión desaparecera entre o arquipélago de Fernando de Noronha, a 186 millas ó nordés da cidade de Natal, e a Illa do Sal, unha das illas de Cabo Verde. Segundo as súas palabras, tratábase dunha "área enorme do océano Atlántico, tres veces o tamaño de Europa", se ben Douglas Ferreira, o encargado da investigación da Axencia Aeronáutica Civil do Brasil declarou que podería estar preto da costa africana no momento da súa desaparición, tendo en conta a velocidade á que viaxaba[1]. O presidente de Francia, Nicolas Sarkozy declarou que as posibilidades de atopar superviventes era "ínfimas"[2].
Os labores de rastreo correron a cargo de dous avións Hércules da Forza Aérea do Brasil e tres navíos da Mariña[3]. Na mañá do martes 2 de xuño de 2009, localizáronse os primeiros restos [4].
Remove ads
Vítimas
No avión viaxaban 228 persoas, deles 216 pasaxeiros e 12 tripulantes,[5] destes últimos once franceses e un brasileiro[6]. A maioría son franceses (73), brasileiros (58) e alemás (26)[7], dun total de trinta e dúas nacionalidades[8]. Viaxaban tamén dúas persoas de nacionalidade española, unha muller catalá[9] da que non transcendeu información, e o enxeñeiro industrial sevillano Andrés Suárez Montes, de 38 anos de idade, traballador no Brasil da empresa Schlumberger.
O director executivo da Michelin para a América Latina, o brasileiro Luiz Roberto Anastácio, e outro executivo brasileiro da mesma compañía, Antonio Gueiros, eran pasaxeiros deste voo, xuntamente cun traballador de Michelin en Francia identificado como Christine Pieraerts. O administrador da unidade brasileira CSA da empresa produtora de aceiro ThyssenKrupp tamén estaba no avión.
Remove ads
Causas
Tratábase dun avión relativamente novo, que entrara en funcionamento en abril de 2005, e que fora posto a punto por última vez o 16 de abril do 2009, segundo Air France[10].
Nun primeiro momento especulouse sobre a posibilidade de que fora alcanzado por un raio, a chuvia, unha xeada ou por mor de turbulencias, aínda que as causas reais aínda se descoñecían[11][12]. Segundo Thomas Anthony, director do programa da Universidade do Sur de California sobre seguridade aeronáutica, "este accidente ocorreu na Zona de Converxencia Intertropical, que é un caldo de cultivo para as tormentas e os ciclóns. Nas imaxes de satélite, pódense ver liñas de tormentas eléctricas que ás veces se estenden durante centos e centos de millas. Podes ver o cumio das tormentas entre o 55.000 e 60.000 pés de altura"[13]. Valorouse tamén a posibilidade dun ataque terrorista, xa que a compañía tivera unha ameaza de bomba na Arxentina unhas semanas antes, que resultara ser falsa[14].
A principios de maio do 2010, o Ministerio de Defensa de Francia comunicou que se localizara a área na que se atopaba a caixa negra[15], se ben advirteu que era posible que non se chegase a recuperar dado o accidentado da orografía.
Finalmente, en xullo de 2012, a Oficina de Investigación e Análise, o organismo estatal francés encargado da seguridade aérea, atribuíu o accidente a fallos na ergonomía do avión e a "accións inapropiadas dos pilotos que estaban sometidos a forte presión"[16].
Consecuencias
Segundo as previsións iniciais das compañías aseguradoras, as indemnizacións previstas poderían facer deste accidente aéreo o máis custoso en termos económicos dende que no ano 2001 un avión se precipitara sobre Queens, Nova York, matando 265 persoas e implicando uns custos de arredor de 600 millóns de dólares[17].
Nacionalidade dos pasaxeiros
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads